miércoles, 18 de diciembre de 2019

Visitamos A Casa das Ciencias


Martes 17 de decembro de 2019


Para finalizar as actividades do primeiro trimestre, as nenas e os nenos do Club  visitaron coas súas mestras a Casa das Ciencias na Coruña.
Desfrutamos dunha sesión de astronomía no Planetario," Da Terra ao Universo", e despois participamos das actividades interactivas que ofrecen os diferentes espazos do museo.
Unha tarde moi didáctica e divertida!!!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

As moléculas e os cambios de estado.

                                                                              Martes 3 de decembro 2019



Hoxe imos ver como se comportan as moléculas de auga nos cambios de estado ou na tensión superficial.

Práctica 1. A formación da néboa.

Materiais:

- Un vaso de precipitado alto.
- Un embude
- Auga quente
- Xeo

Procedemento:
Colocamos a auga quente no vaso ata a metade.
Poñemos xeo no embude e colocámolo tapando o vaso.
No espazo que queda entre a auga e o embude  empeza a formarse unha nube.

Explicación
Molécula de auga
A néboa prodúcese polo contacto do vapor que desprende a auga quente co aire arrefriado polo xeo, prodúcese unha condensación.
Podemos observar ao mesmo tempo a auga nos tres estados: líquido, sólido e gasoso.
E, como están as moléculas de auga en cada caso?
As moléculas están máis xuntas no caso do xeo, máis separadas no líquido e moito máis no vapor.





Práctica 2. A pementa que escapa

Materiais:

- Un prato
- Auga
- Pementa negra moída
- Xabón líquido

Procedemento:
Nun prato con auga, botamos a pementa que vai quedar flotando na superficie.
Ao engadir unha pinga de xabón líquido a pementa escapa cara aos bordes do prato.
 
Explicación:
Isto sucede porque as moléculas de auga da superficie están unidas con máis forza formando unha película que impide que a pementa vaia ao fondo.
Isto é o que se coñece como tensión superficial. 
Ao botar o xabón esta película rompe e encóllese cara aos bordes levando a pementa consigo.


miércoles, 4 de diciembre de 2019

Máis moléculas de outono

                                                                         Martes 17 de novembro de 2019

Seguindo co estudo das moléculas, imos ver hoxe outra das que tamén están presentes na cabaza, un alcol.

Pregunta: Que lle dá ese olor tan característico á polpa da cabaza?
O responsable é un alcol, unha substancia que se evapora con facilidade.
Imos tentar reproducir unha destas moléculas!

Materiais:
- Plastilina de cor laranxa, de cor verde e de cor azul
- Escarvadentes

Procedemento:
A molécula deste alcol ten 6 átomos de Carbono, 12 de Hidróxeno e un de Osíxeno.
Facemos grupos de 6 alumnos e cada un vai facer unha molécula.
Facemos os átomos de Carbono coa plastilina laranxa formando boliñas.
Despois unímolas cos escarvadentes seguindo un esquema da molécula que xa temos buscado.
Unha vez feita a estrutura, facemos os átomos de Hidróxeno, de tamaño menor que os anteriores, coa plastilina verde.
Colocamos os átomos de Hidróxeno cos escarvadentes arredor dos átomos de Carbono, tendo en conta que cada un ten que ter catro enlaces, igual que na sesión anterior.
Finalmente colocamos o átomo de Osíxeno de cor azul.


































miércoles, 13 de noviembre de 2019

Moléculas de outono



                                              Martes 3 de novembro de 2019

A materia. Moléculas e átomos

Comezamos o Club de Ciencia deste curso 2019-20 estudando os elementos que están na nosa contorna. E agora que estamos celebrando o Magosto e o Samaín, imos ver... as cabazas!!!

Pregunta: Por que son desa cor as cabazas?
O responsable é o caroteno, unha molécula que está presente noutros alimentos desa cor como as cenorias.
Imos intentar representar unha destas moléculas de caroteno!

Materiais:
- Plastilina de cor laranxa e de cor verde
- Escarvadentes

Procedemento:
A molécula de caroteno ten 40 átomos de Carbono e 56 de Hidróxeno.
Facemos grupos de oito alumnos e cada un vai facer unha molécula.
Facemos os átomos de Carbono coa plastilina laranxa formando boliñas.
Despois unímolas cos escarvadentes seguindo un esquema da molécula que buscamos previamente, tendo coidado de poñer dous escarvadentes nos dobres enlaces.
Unha vez feita a estrutura, facemos os átomos de Hidróxeno, de tamaño menor que os anteriores, coa plastilina verde.
Finalmente, colocamos os átomos de Hidróxeno cos escarvadentes arredor dos átomos de Carbono, tendo en conta que cada un ten que ter catro enlaces (saen catro escarvadentes de cada un).


 




martes, 7 de mayo de 2019

Práctica de Laboratorio 11/2018-19. A refracción da luz


Pregunta: Por que cambia o sentido das frechas?

Hipótese:  Porque miramos a través da auga.

Materiais:
Un vaso de cristal
Un papel con dúas frechas debuxadas no mesmo sentido.
Auga

Procedemento:
Primeiro colocamos as frechas detrás do vaso de cristal valeiro.
Comprobamos que non hai ningún cambio.
Agora enchemos o vaso de auga e volvemos a mirar.

Obsrvacións:
Agora as frechas aparecen en sentido contrario.

Conclusións:
Ao pasar a luz dun medio a outro fainos ver o obxecto na posición contraria. Este fenómeno óptico chámase refracción.

Práctica Laboratorio 10/2018-19. O disco de Newton.

Pregunta: Se facemos xirar un disco de Newton, que cor aparecerá?
Hipótese: Os nenos e nenas pensan que se verá a cor negra.

Imos construír un disco de Newton e comprobar se a hipótese se confirma ou non.

Materiais:
Un CD con dous buratos separados 3 cm aprox. á altura do centro.
Lápiz
Goma
Pinturas de cores
Folios
Transportador de ángulos
Tesoiras
Pegamento
Cordel

Procedemento:
Debuxamos unha circunferencia co CD.
Co transportador dividimos a circunferencia en sete partes.
Unha vez dividida a circunferencia, trazamos os radios e coloreamos os sectores coas cores do arco da vella.
Recortamos e pegamos sobre o CD.
Pasamos dous cordeis polos buratos do CD e facémolo xirar.

Observacións:
Ao facer xirar o CD vemos que as cores fúndense nunha soa máis clara, próxima ao branco.

Conclusións:
A hipótese era falsa, a cor que reflicte o disco de Newton ao xirar é o branco porque esa luz está formada polas cores do arco da vella.
                                                       






martes, 19 de marzo de 2019

experimento 7/ 2018-19 Construir unha lámpada de lava.



Pregunta:

Como podemos construir unha lámpada de lava, empregando alcol, auga, aceite e colorante?

Hipóteses:

     -mesturando todo simplemente.
    - mesturando todo e facelo quentar ata que ferva.
    - mesturando a auga co colorante primeiro e logo mesturalo co alcol e co aceite.

Experimentación:

  • Materiais:   
 - dous vasos de precipitado.
- un forniño eléctrico.
- unss 10-20 ml se alcol.
-uns 20-40ml de auga
-25-40 ml de aceite.
- un pouco de colorante alimentario.

  • Procedemento:

  1. Botamos a auga nun dos vasos de precipitado, vertémos nel o colorante e mesturamos.
  2. Vertemos o alcol no outro vaso de precipitados. e engadimos logo unhas 3 ou 4 pingas de aceite.
  3. Moi a modiño, imos vertendo a auga co colorante do outro vaso, ata que vexamos que as pingas   de aceite que estaban no fondo do vaso empecen a ascender. É importante que nese momento non sigamos a verter máis auga.
  4. Vertemos o aceite no vaso
  5. Colocamos o vaso a quentar no forniño eléctrico e esperamos....






























  •  Observación:
Ao mesturar o alcol coa auga con colorante, da a sensación que se mestura todo, pero cando engadimos o aceite, este non se mestura, senón que o aceite queda na parte superior do vaso e aprécianse claramente dúas partes diferenciada, xa que a inferior ten colorante e o aceite non.
Ao  poñer o vaso a quentar, ao principio non pasa nada, pero ao cabo dun anaco, empezan a ascender anacos da mestura inferior hacia a parte superior (o aceite). As "manchas de cor" ascenden ata chegar á superificie, e logo volven descender outra vez, mentras van subiendo outras diferentes, resultando espectáculo moi bonito. Isto sucede sen parar ata que sacamos o vaso da fonte de calor. 

 Conclusións:

O alcol e a auga son líquidos que se mesturan, é dicir, son miscibles. Pero o aceite non se mestura nin coa auga nin co aceite. O alcol é menos denso que o aceite, porque ao verter unhas pingas de alcol no vaso con alcol, o aceite vaise ao fondo do recipiente. Como xa sabemos que o aceite é menos denso que a auga, concluímos que o alcol é o líquido menos denso,  logo síguelle o aceite e o máis denso é a auga. Ao ir vertendo a auga no alcol, a mestura vaise facendo cada vez máis densa e no momento que as pingas de aci¡eite que vertemos ao pincipio empezan a elevarse do fondo do vaso, quere dicir que a mestura é máis densa que o aceite, pero non hai moita diferencia de densidades entre eles. Ao verter logo o resto do aceite, este queda por encima.

Ao poñer a quentar o recipiente, a mestura inferior vaise quentando moito máis ca o aceite que está por arriba. Ao quecer, as súas moléculas sepáranse máis, ocupan máis espazo, e isto fai que a mestura sexa menos densa. No memento en que a aúa densidade se volve inferior á densidade do aceite, empezan a subir, xa que  os líquidos que non se mesturan, o menos denso queda por encima do outro. As "manchas" de color suben ata chegar á superficie, e como aquí se enfrían, volve aumentar un pouquiño a súa densidade , e descenden outra vez. Isto é cíclico mentras haxa unha fonte de calor na parte inferior do vaso.

Para ver máis fotos do experimento, fai clic AQUÍ



 

 

domingo, 17 de marzo de 2019

Práctica Laboratorio 9/2018-19. Descompoñer a cor negra.

Pregunta:
De que está formado o negro?

Hipótese: O negro está formado por todas as cores mesturadas.

Materiais.
Papel de filtro
Rotulador negro
Vaso precipitado
Auga
Varilla

Procedemento:
Pintamos unha raia a dous centímetros dun dos extremos dunha tira de papel de filtro.
Botamos auga no vaso de precipitado.
Colocamos a varilla enriba do vaso e colgamos dela o papel, de xeito que toque na auga do fondo.

Observacións:
Vemos como a auga sobe polo papel por capilaridade, vencendo a forza da gravidade, e ao chegar á raia negra vai arrastrando a tinta. Van aparecendo diferentes cores, azul, verde, amarelo, morado...
Vemos que en todos os grupos que facemos a práctica a secuencia de cores é a mesma.

Conclusións:
O negro está formado de varias cores mesturadas que se separan sempre na mesma orde.








Práctica Laboratorio 8/2018-19. Ferver auga nun vaso de papel.



Pregunta: Pódese ferver auga nun vaso de papel?

Hipótese: Non porque o vaso vai arder.

Materiais:
Soporte metálico
Aro metálico
Mechero de alcol
Vaso de papel
Auga


Procedemento:
- Colocamos o aro no soporte metálico e poñemos o vaso.
- Botamos unha pouca de auga no vaso.
- Colocamos o mechero ben centrado debaixo do vaso e acendemos o lume.
- Esperamos ata que quece a auga.

Observacións:
A auga comeza a ferver sen que prenda o lume no vaso. A nosa hipótese é falsa.

Conclusións:
Despois duns breves momentos aparecen unhas burbullas no fondo do vaso que indican que a auga entra en ebullición.
A auga ferve a 100ºC (punto de ebullición) e o papel arde a unha temperatura maior (punto de ignición), por iso ferve a auga antes de qua arda o papel.



viernes, 8 de marzo de 2019

Experimento 4 / 2018-2019. Simulación de aparello respiratorio.


Pregunta:   
Como poderiamos facer para que os globos dentro da botella (pulmóns na cavidade torácica) se inflen e desinflen?



Hipóteses:
Soprando, cunha reacción química empregando vinagre e bicarbonato...



Experimentación:
  • Materais:

         Unha botella de plástico baleira de aproximadamente 2 l.
         2 globos.
         2 palliñas flexibles. 
         Un coitelo.
         Unha luva de látex.
         Cinta adhesiva.
         Plastilina
         Tesoiras

  • Procedemento:  
  1. Cortamos a botella co coitelo algo máis abaixo da metade (empregaremos só a parte superior da botella).
  2. Unimos as dúas palliñas con cinta adhesiva de xeito que queden con forma de  Y.
  3. Introducimos o par de palliñas pola parte cortada da botella, e sacamos pola boca desta a parte das palliñas que está unida, simulando unha tráquea dentro da cavidade torácica.
  4. Abrindo a luva de látex, colocámola na parte aberta da botella. Asegurámola ben con cinta adhesiva, para evitar que por ahí escape aire.
  5. Colocamos un pedazo de plastilina na boca da botella e xunto as palliñas,  procurando que por esa parte tampouco escape aire.
  6. Agarramos a luva pola parte dos dedos e tiramos cara abaixo; logo soltamos e repetimos ambos movementos de forma rítmica.

Observacións:
Ao tirar da luva cara abaixo observamos que os globos se inflan, e ao deixar de tirar volven a desinflarse soltando o aire que había no seu interior. 

Conclusións:
Si é posible inflar e desinflar os globos dentro da botella, simulando o que acontece no aparello respiratorio.
Cando inspiramos o diafragma (luva) contráese e descende, de modo que a cavidade torácica (botella) amplíase e o aire entra nos pulmóns (globos) a través da nariz ou da boca. Na expiración o diafragma reláxase e elévase, de modo que a cavidade torácica disminúe o seu tamaño provocando a saída do aire dos pulmóns cara o exterior.








jueves, 7 de marzo de 2019

Experimento 3 / 2018-2019.

Separación de mesturas heteroxéneas por imantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar area e clips sen tocalos coas mans?

Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar os clips da area sen tocalos se empregan un imán.

Experimentación:

  • Materiais:
        Báscula.
        Placa Petri.
        Imán.
        Area (40g).
        Clips (1g).
        Cubeta.
        Espátula.
  • Procedemento:

  1. Sobre a báscula colocamos a placa Petri e poñemos  a básula a cero (tarar).
  2. Pesamos 50g de area. Retiramos a placa e botamos a area na cubeta.
  3. Colocamos de novo a placa Petri sobre a báscula. A continuación, volvémola a poñer a cero (tarar).
  4. Pesamos 1g de clips. Retirámolos e botámolos na cubeta.
  5. Mesturamos a area e os clips coa espátula.
  6. Pasamos o imán preto da mestura e observamos que os clips son atraídos.
  7. Comprobamos que temos os mesmos gramos de clips que ao comezo.
Observacións:
Observamos que ao aproximar o imán os clips son atraídos polo. 

Conclusións:
O imán atrae ao metal.



 Separación de mesturas heteroxéneas por decantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar unha mestura heteroxénea formada por auga e aceite?

 Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar a auga e o aceite empregando unha culler.

Experimentación:
  • Materiais:
        Aceite (100ml).
        Auga (100ml).
        Soporte e aro.
        Pinzas de suxeición.
        Vasos de precipitados.
        Funil de decantación.
  • Procedemento:
  1. En primeiro lugar colocamos o aro no soporte e sobre o aro colocamos o funil de decantación.
  2. Comprobamos que a billa do embude está pechada.
  3. Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
  4. Medimos 100ml de aceite nun vaso de precipitados.
  5. Baleiramos con coidado o aceite no interior do funil.
  6. Medimos 100ml de auga que baleiramos a continuación no embude.
  7. Como a auga e máis densa observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
  8. Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
  9. Abrimos con coidado a billa e vemos como vai saíndo a auga.
Unha variante sería tinguir a auga con colorante.

Observacións:

Observamos que ao mesturar a auga, o aceite sube e a auga baixa.

Conclusións: A auga é máis densa e por iso baixa ao fondo, mentres que o aceite sube debido a que ten menor densidade que a auga. 











Experimento 2 / 2018-2019. Volcán.


Experimentación:

  • Materiais:

Probeta para medir líquidos.
Placa Petri.
Báscula.
Espátula.
Cubeta.
Luvas.
Bicarbonato sódico 10g.
Colorante alimenticio.
Deterxente para a louza 50ml.
Vinagre 10ml.

  • Procedemento:

1. Collemos o vaso de iogur e transformámolo nun cono cubríndoo de plastilina.
2. Depositamos o vaso de iogur coa plastilina (o noso volcán) nunha cubeta para recoller "a lava" durante a erupción.
3. Pesamos 10g de bicarbonato coa báscula de precisión.
4. Vertemos o bicarbonato no noso volcán de plastilina.
5. Medimos 50ml de deterxente e o vertemos no volcán.
6. Botamos 4 pingas de colorante no noso volcán e removemos.
7. Na probeta graduada medimos 100ml de vinagre e o vertemos con coidado no volcán.
8. Observamos como reacciona.

Hipótese:
Antes do paso 7 preguntamos ao alumnado: que acontecerá ao mesturar bicarbonato con vinagre?
Algunha hipótese do alumnado foi: "O volcán entrará en erupción".

Observacións:
Observamos unha reacción química entre o bicarbonato e o vinagre, que fixo moita espuma porque tiña xabón e que sube pola cheminea pouco a pouco ata saír polo cráter e caer pola ladeira do volcán.

Conclusións:
Ao mesturar un ácido (vinagre) cunha base (bicarbonato de sodio)prodúcese unha reacción química e obtemos como resultado un gas, dióxido de carbono (CO2), acetato de sodio e auga. Para completar a práctica investigamos como se produce unha erupción volcánica, cales son as partes do volcán...

https://www.youtube.com/watch?v=BIPwCzbCiwA







domingo, 24 de febrero de 2019

Experimento 6 2018/19- 4º primaria: o globo fakir. Concepto de presión.







  ( Primeiro comprobamos que ao presionar lixeiramente un globo inflado sobre unha chincheta, este explota rapidamente) 



Pregunta:
Que pasará se poñemos un globo enriba desta cama de chinchetas e lle colocomos libros enriba?

Hipóteses:
 - Que vai explotar enseguida.
 - Que non explota instantaneamente, pero vaise ir desinflando. porque perde aire por varios furados ao mesmo tempo.

 Experimentación:

  •     Materais:

       - 2 cartóns cadrados ou rectangulares.
       - Unhas 150-200 chinchetas aproximadamente.
       - 1-3 globos, dependendo das veces que queiramos reproducir o experimento.
       - 4 paus de pinchos morunos, para que o globo se sosteña encima da cama de chinchetas.
       - Varios dicionarios ou outros libros pesados.

     
  • Procedemento:  
Cortamos dous anacos de cartón, coma o da imaxe. Imos cravando nel as chinchetas. Cando estea rematado colocámolo coas puntas hacia arriba.Cravamos os 4 paus nos vértices da cama, de xeito que queden o máis fixados posible. Inframos o globo e colocámolo encima da cama de cravos, con coidado. Despois poñemos o outro cartón enriba. Logo imos colocando os libros enriba do cartón.

Observación:

Colocamos varios dicionarios, e comprobamos que o globo non estoupa. Dependendo do grupo que realiza o experimento, fai falla colocar de 8 ata 11dicionarios ben pesados para conseguir que o globo estoupe.

Conclusión:
Cando colocamos un globo enriba de unha soa chincheta, o peso deste concéntrase nun só punto, que é a punta da chincheta; pero se o colocamos enriba da cama de chinchetas o peso do globo repártese entre tantos puntos coma chinchetas hai, por iso non só soporta o peso do globo, senón o peso de varios libros que lle poñemos enriba. Isto é a presión, que é a forza que se aplica en cada anaco de superficie de contacto. Ao facelo só cunha chincheta, a superficie de contacto é moi pequena, e a presión que se exerce é moi grande, mentras que se hai moitas chinchetas, a presión que se exerce é moito máis pequena, e precísase colocar moito peso enriba do globo para conseguir que este estoupe.

Se queres ver máis fotos, fai clic AQUÍ


Fai clic sobre o vídeo se queres ver o experimento completo