Experimento 3 / 2018-2019.
Separación de mesturas heteroxéneas por imantación.
Punto de partida:
Seremos capaces de separar area e
clips sen tocalos coas mans?
A
hipótese do alumnado é que si poden separar os clips da area sen tocalos se
empregan un imán.
Experimentación:
- Materiais:
Placa Petri.
Imán.
Area (40g).
Clips
(1g).
Cubeta.
Espátula.
- Procedemento:
- Sobre a báscula colocamos a placa Petri e poñemos a básula a cero (tarar).
- Pesamos 50g de area. Retiramos a placa e botamos a area na cubeta.
- Colocamos de novo a placa Petri sobre a báscula. A continuación, volvémola a poñer a cero (tarar).
- Pesamos 1g de clips. Retirámolos e botámolos na cubeta.
- Mesturamos a area e os clips coa espátula.
- Pasamos o imán preto da mestura e observamos que os clips son atraídos.
- Comprobamos que temos os mesmos gramos de clips que ao comezo.
Observamos
que ao aproximar o imán os clips son atraídos polo.
O
imán atrae ao metal.
Separación de mesturas heteroxéneas por decantación.
Punto de partida:
Seremos capaces de separar unha
mestura heteroxénea formada por auga e aceite?
Hipótese:
A
hipótese do alumnado é que si poden separar a auga e o aceite empregando unha
culler.
Experimentación:
- Materiais:
Aceite
(100ml).
Auga (100ml).
Soporte
e aro.
Pinzas
de suxeición.
Vasos
de precipitados.
Funil
de decantación.
- Procedemento:
- En primeiro lugar
colocamos o aro no soporte e sobre o aro colocamos o funil de decantación.
- Comprobamos que a
billa do embude está pechada.
- Colocamos un vaso de
precipitados debaixo do funil.
- Medimos 100ml de
aceite nun vaso de precipitados.
- Baleiramos con
coidado o aceite no interior do funil.
- Medimos 100ml de
auga que baleiramos a continuación no embude.
- Como a auga e máis
densa observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
- Deixamos repousar
ata que o aceite está todo na superficie.
- Abrimos con coidado a billa e vemos como vai saíndo a auga.
Unha variante sería
tinguir a auga con colorante.
Observacións:
Observamos
que ao mesturar a auga, o aceite sube e a auga baixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario