Mostrando entradas con la etiqueta solidificación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta solidificación. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2019

Práctica laboratorio 5/2018-19. CAMBIOS DE ESTADO. Determinación do punto de fusión do naftaleno.


O naftaleno é un sólido branco que se emprega como repelente (entre outros usos) e ten un olor moi característico.
Materiais:
  • Tubo de ensaio
  • Vaso de precipitados
  • Espátula
  • Termómetro
  • Soporte universal
  • Pinzas
  • Placa calefactora


Procedemento:
Engadimos con axuda dunha espátula naftaleno no fondo do tubo de ensaio. A continuación metemos o tubo no vaso de precipitados con auga de xeito que a auga cubra toda a altura do naftaleno (imos quentar en baño María). O termómetro o introducimos no naftaleno para poder saber a temperatura do produto a cada instante. Comezamos a quentar o vaso de precipitados cando temos toda a montaxe feita e observamos o que lle sucede ó naftaleno. Cando nos aproximamos ós 80ºC obsérvase un líquido incoloro e a temperatura deixa de subir por uns segundos. Cando xa non queda nada en estado sólido o termómetro empeza a subir de novo.


Que é ese líquido incoloro?
O líquido é naftaleno en estado líquido, é dicir, pasamos o naftaleno de sólido a líquido, fixemos a fusión do naftaleno e dita fusión sucedeu ós 80ºC. Algo moi importante que aprendemos nesta práctica é que mentres se está producindo o cambio de estado, é dicir, mentres o naftaleno se está fundindo, a temperatura non cambia!!! 
Isto mesmo sucede mentres o xeo se funde, por exemplo.
Unha vez fundido todo o naftaleno o retiramos do vaso de precipitados e vemos que cando a temperatura do termómetro alcanza de novo os 80ºC volve a aparecer o sólido branco, é dicir, esta vez pasamos de líquido a sólido. Este proceso chámase solidificación.

Por tanto a fusión e a solidificación suceden á mesma temperatura, no primeiro caso temos que quentar e no segundo arrefriar pero mentres os cambios de estado están sucedendo a temperatura NON CAMBIA, NIN AUMENTA NIN DIMINÚE.







Práctica laboratorio 4/2018-19. CAMBIOS DE ESTADO. Sublimación do Iodo



 Que sucede cando quentamos o iodo?


Materiais:

  • Vaso de precipitados
  • Vidro de reloxo
  • Placa calefactora
  • Iodo
  • Espátula
  • Gafas de seguridade




Procedemento:

Botamos cunha espátula unhas boliñas de iodo nun vaso de precipitados e tapamos cun vidro de reloxo. Quentamos o vaso coa axuda dunha placa calefactora. Axiña observamos que se forman uns vapores de cor violeta e desaparecen as boliñas de iodo. A continuación retiramos o vaso de precipitados da placa calefactora e observamos o que sucede. Axiña nos decatamos que na parte interna do vidro de reloxo aparecen unhas pequenas agullas.

Que son estas agulliñas?

É de novo iodo en estado sólido.

Por tanto fixemos dous cambios de estado. En primeiro lugar pasamos iodo (en estado sólido) a gas (vapores de cor violeta) é dicir, fixemos unha sublimación e o arrefriar volvemos a pasar o iodo gas a sólido, é dicir, tivo lugar o proceso inverso que se chama sublimación inversa ou regresiva.