Que
sucede cando quentamos o iodo?
Materiais:
-
Vaso de precipitados
-
Vidro de reloxo
-
Placa calefactora
-
Iodo
-
Espátula
-
Gafas de seguridade
Procedemento:
Botamos
cunha espátula unhas boliñas de iodo nun vaso de precipitados e
tapamos cun vidro de reloxo. Quentamos o vaso coa axuda dunha placa
calefactora. Axiña observamos que se forman uns vapores de cor
violeta e desaparecen as boliñas de iodo. A continuación retiramos
o vaso de precipitados da placa calefactora e observamos o que
sucede. Axiña nos decatamos que na parte interna do vidro de
reloxo aparecen unhas pequenas agullas.
Que son
estas agulliñas?
É de novo
iodo en estado sólido.
Por tanto
fixemos dous
cambios de estado.
En primeiro lugar pasamos iodo (en estado sólido) a gas (vapores de
cor violeta) é dicir, fixemos unha sublimación
e o arrefriar volvemos a pasar o iodo gas a sólido, é dicir, tivo
lugar o proceso inverso que se chama sublimación
inversa
ou regresiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario