martes, 29 de enero de 2019

Experimento 5 2018/19: Crear unha nube nunha botella.

PUNTO DE PARTIDA:
Preparamos o experimento do seguinte xeito:
Collemos unha botella de cristal. Medimos aproximadamente 40 ml de alcol e introducímolo na botella. Taponamos a botella cun corcho de cortiza, cortándoo un pouco para que non sexa moi groso e poidamos atravesar coa agulla dun infrador de aire de balón ou bicicleta.



Pregunta:   
Como podemos facer para crear unha nube na botella?

Hipóteses:
 - Metendo aire dentro co inflador
 - Quentando o alcol cunha chama, para que se evapore a auga e logo metemos máis aire dentro da   botella co inflador.


Experimentación:

  •     Materais:

       - Unha botella de vidro de 1 litro.
       - Un tapón de cortiza.
       - Un inflador de balón.
       - Un vaso de precipitados para medir o alcol.
       - 40 ml de alcol.

     
  • Procedemento:  
Medimos 40 ml de alcohol e vertémolo na botella. Cortamos o corcho pola metade, para que non teña demasiada altura e se poida atravesar coa agulla do inflador. Collemos a agulla e atravesamos o corcho. Axitamos a botella, de xeito que o alcol molle ben todo o interior desta. Logo conectamos a agulla do inflador con este, e, suxeitando o corcho, procedemos a accionar o inflador, introducindo aire a presión dentro da botella ata que notemos que custa traballo meter máis.
Cando suceda isto, accionamos o válvula do inflador para que se separe e quede só a agulla dentro do corcho.

Observación:

A medida que introducimos aire dentro da botella, non observamos ningún cambio considerable, a non ser que a superficie do alcol se move un pouco, pero concluimos que é debido a que o aire que entra move ao alcol, coma se se tratase de vento.
Cando sacamos o extremo do inflador, observamos que instantaneamente se forma dentro da botella unha néboa blanquecina que ocupa toda a botella e semella unha nube. Temos que agardar un anaquiño para que dita néboa vaia desaparecendo.



Conclusión:
Ao introducir aire a presión co inflador, fai que a presión que hai dentro da botella aumente, xa que as moléculas do aire se xuntan máis e exercen presión sobre as paredes da botella, porque queren separarse. Este aumento de presión provoca tamén un aumento de temperatura, xa que as moléculas do aire, ao estar máis xuntas. se moven máis rápido. Ao aumentar a temperatura, o alcol evapórase máis rápido, aínda que non o vemos, pero está aí dentro da botella.
No momento en que desconectamos o inflador, sae o aire que antes introducimos, e presión dentro da botella disminúe rapidamente. Isto provoca que a temperatura tamén baixe, e fai que o vapor que hai dentro se condense (pasa de estado gasoso a líquido), formándonse pequenas pingas de auga, que sí son visibles e forman a néboa branca que vemos.
 O mesmo  fenómeno ocorre na atmosfera: o vapor de auga, ao ascender na atmosfera, vaise arrefriando, ata que se condensa, formando pequenas pimgas de auga, que é do que están formadas as nubes. Cando as pinguiñas están moi xuntas, se unen unhas coas outras, formándonse cada vez pingas máis grandes. Cando son o bastante grandes coma para que o seu peso sexa superior á presión atmosférica que se exerce hacia arriba, caen e prodúcese así a chuvia.
Fai clic sobre os seguintes vídeos se queres observar o experimento.




Para ver máis fotos, fai cli AQUI

No hay comentarios:

Publicar un comentario