Mostrando entradas con la etiqueta densidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta densidade. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de abril de 2020

Aprendemos con...lacasitos!!!


Experimentando con densidades
  1. Materiais
  • Tapas
  • Auga
  • Lacasitos de diferentes cores
  1. Procedemento
Enchemos as tapas de auga e poñemos nunhas un lacasito no centro e noutras catro lacasitos cerca do borde separados uns doutros.
  1. Observacións 
Observamos e vemos como pouco a pouco a capa de cor vaise disolvendo. Nas tapas cun lacasito a cor vai cara aos bordes e nas outras vemos como a cor tamén se vai separando do lacasito, pero non se chegan a mesturar, fórmase unha barreira.
  1. Explicación
Vimos que tanto a cor como o azucre disólvense na auga e aumenta a densidade cerca do lacasito, orixínase así unha corrente da zona máis densa ás menos densas.
No caso da tapa onde hai máis lacasitos fórmase unha fronteira porque cada cor ten a mesma densidade de azucre e por iso se frena a corrente que expande a cor.

martes, 6 de febrero de 2018

Experimento 3/2018- MESTURAS HETEROXÉNEAS- SEPARACIÓN POR DECANTACIÓN.

Neste experimento imos separar unha mestura heteroxénea de líquidos (auga e aceite) mediante o método de decantación.

Materiais:
Soporte + aro
Pinzas de suxeición
Funil de decantación
Vasos de precipitados
Aceite 100 ml
Auga 100 ml

Experimentación:
Colocamos o aro no soporte.
Sobre o aro colocamos o funil de decantación.
Asegurámonos que a billa do embude está pechada.
Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
Baleiramos con coidado o aceite no interior do embude.
A continuación baleiramos a auga.
Como a auga é máis densa, observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
Abrimos con coidado a billa, e vemos como vai saíndo a auga.





martes, 30 de enero de 2018

Experimento 2/2018.- MESTURAS- AUGA E VIÑO

Materiais
Vaso de precipitados
Auga
Viño tinto
Xiringa
Anaco de porexpan
Procedimento
Botamos a auga no vaso de precipitados.
Engadimos o anaco de porexpan, observamos que flota, pois é menos denso ca auga.
Cunha xiringa collemos 20 ml de viño tinto.
Imos botando, con moito coidadiño, pouco a pouco o viño por enriba do anaco de porexpan.
Obsevamos que conseguimos unha capa moi fina de viño na parte superior  da auga, e este non se disolve nela.
O truco para que saia ben, está en botar o viño amodiño e procurar non mover o vaso de precipitados para que non se mesturen.



lunes, 22 de mayo de 2017

6º experimento.- Un densímetro caseiro

Materiais:

  1. Unha palliña de refresco
  2. Plastilina
  3. Cravos
  4. Tesoiras
  5. Rotulador permanente
  6. Auga
  7. Sal 
  8. Probeta graduada






Pregunta: Como podemos medir as densidades de diferentes líquidos?

Hipótese:

Experimentación:

Conclusións:

martes, 16 de mayo de 2017

4º experimento.- Líquidos non miscibles (Concepto de densidade)

Materiais:


  1. Xabón líquido ou deterxente para a louza (20 ml)
  2. Mel (20 ml)
  3. Aceite de xirasol (20 ml)
  4. Aceite de oliva
  5. Alcohol (20 ml)
  6. Auga (20 ml)
  7. Colorante alimenticio
  8. Parafuso, moeda, zanahoria, tapón de plástico, anaco de cortiza, anaco porexpan (poliestireno expandido), anaco de madeira, anaco de aluminio..
  9. Probeta graduada.
  10. Vaso de precipitados (para colorear a auga e o alcohol)





Pregunta:
Con diferentes líquidos que podemos atopar na casa, podemos observar que a densidade é unha propiedade característica  de cada sustancia, e que é a relación entre a cantidade de masa nun volume determinado.

  • A simple vista podemos determinar a densidade?
  • Cal é  o líquido máis denso? e o menos denso? E os materiais, cales son os máis densos?

Hipótese:
Se os obxectos menos densos que a auga aboian, entón un líquido menos denso, aboiará sobre outro máis denso.
Imos colocar diferentes líquidos coloreados, non miscibles e de diferentes densidades nunha probeta gradudada, e veremos como se distribúen.

Experimentación:

  • Imos vertendo pouco  a pouco 20 ml dos diferentes líquidos, comezando polo que cremos máis denso (o mel), a continuación o deterxente para a louza, despois a auga, logo o aceite e por último o alcol coloreado. Observaremos como se van ao fondo os máis densos e flotan os menos densos.
  • Debemos ter especial coidado co xabón e a agua, de que non fagan espuma.
  • Como o alcol é incoloro, igual que a auga, tinguirémolo con colorante alimenticio para diferencialo.
  • Despois deixamos caer os obxectos  dentro da probeta e observamos o que ocorre.
  • Debemos ter coidado ao engadir os líquidos viscosos, que non se pequen ás paredes da probeta. E os menos viscosos,como a auga, vertelos pegados á parede para que non faga espuma co xabón líquido.
Conclusións:

  • O aceite por ser viscoso, críamolo máis denso que a auga, en contra do que pensabamos ao comezo, aboia sobre a agua.
  • Obtemos unha serie de bandas ou capas na probeta, onde cada líquido menos denso aboia sobre o máis denso e sitúase debaixo do menos denso.
  • Os obxectos afundense ata atopar un líquido de maior densidade que a do obxecto.
  •  Unha vez rematado o experimento, ordena os elementos empregados de menor a  maior densidade.
  • Na imaxe podemos observar como a madeira aboia, no alcol sen asomar sobre a superficie, mentres que o porexpan flota totalmente.
  • O tapón de plástico, aboia sobre a auga pero non sobre o alcol.
  • O anaco de aluminio vaise ao fondo a pesar de ser un metal moi lixeiro.