- Xabón líquido ou deterxente para a louza (20 ml)
- Mel (20 ml)
- Aceite de xirasol (20 ml)
- Aceite de oliva
- Alcohol (20 ml)
- Auga (20 ml)
- Colorante alimenticio
- Parafuso, moeda, zanahoria, tapón de plástico, anaco de cortiza, anaco porexpan (poliestireno expandido), anaco de madeira, anaco de aluminio..
- Probeta graduada.
- Vaso de precipitados (para colorear a auga e o alcohol)
Pregunta:
Con diferentes líquidos que podemos atopar na casa, podemos observar que a densidade é unha propiedade característica de cada sustancia, e que é a relación entre a cantidade de masa nun volume determinado.
Con diferentes líquidos que podemos atopar na casa, podemos observar que a densidade é unha propiedade característica de cada sustancia, e que é a relación entre a cantidade de masa nun volume determinado.
- A simple vista podemos determinar a densidade?
- Cal é o líquido máis denso? e o menos denso? E os materiais, cales son os máis densos?
Hipótese:
Se os obxectos menos densos que a auga aboian, entón un líquido menos denso, aboiará sobre outro máis denso.
Imos colocar diferentes líquidos coloreados, non miscibles e de diferentes densidades nunha probeta gradudada, e veremos como se distribúen.
Imos colocar diferentes líquidos coloreados, non miscibles e de diferentes densidades nunha probeta gradudada, e veremos como se distribúen.
Experimentación:
- Imos vertendo pouco a pouco 20 ml dos diferentes líquidos, comezando polo que cremos máis denso (o mel), a continuación o deterxente para a louza, despois a auga, logo o aceite e por último o alcol coloreado. Observaremos como se van ao fondo os máis densos e flotan os menos densos.
- Debemos ter especial coidado co xabón e a agua, de que non fagan espuma.
- Como o alcol é incoloro, igual que a auga, tinguirémolo con colorante alimenticio para diferencialo.
- Despois deixamos caer os obxectos dentro da probeta e observamos o que ocorre.
- Debemos ter coidado ao engadir os líquidos viscosos, que non se pequen ás paredes da probeta. E os menos viscosos,como a auga, vertelos pegados á parede para que non faga espuma co xabón líquido.
Conclusións:
- O aceite por ser viscoso, críamolo máis denso que a auga, en contra do que pensabamos ao comezo, aboia sobre a agua.
- Obtemos unha serie de bandas ou capas na probeta, onde cada líquido menos denso aboia sobre o máis denso e sitúase debaixo do menos denso.
- Os obxectos afundense ata atopar un líquido de maior densidade que a do obxecto.
- Unha vez rematado o experimento, ordena os elementos empregados de menor a maior densidade.
- Na imaxe podemos observar como a madeira aboia, no alcol sen asomar sobre a superficie, mentres que o porexpan flota totalmente.
- O tapón de plástico, aboia sobre a auga pero non sobre o alcol.
- O anaco de aluminio vaise ao fondo a pesar de ser un metal moi lixeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario