- 100 ml fariña
- 100 ml auga
- 2 culleradas de sal
- 1 cullerada de aceite
- Zume de 2 limóns
- Colorante alimentario
- 4 pilas de 1,5 voltios
- 1 portapilas
- LEDs de cores
Preguntas:
Despois de comprobar que existen materiais que permiten o paso da corrente eléctrica (condutores) e outros que non a deixan pasar (illantes):
Nós poderíamos crear un material que permita o paso da corrente eléctrica e que poidamos manipular e modificar?
Nós poderíamos crear un material que permita o paso da corrente eléctrica e que poidamos manipular e modificar?
Un material que os nenos e nenas podemos manipular facilmente e darlle diferentes formas é a plastilina. Comprobamos que a plastilina comercial non conduce a electricidade.
Poderíamos nós fabricar plastilina que conduza a corrente eléctrica?
Poderíamos nós fabricar plastilina que conduza a corrente eléctrica?
Hipótese:
- Todas as plastilinas son condutoras?
- Que elementos poderíamos engadir á plastilina para convertila en condutora?
- Se engadimos sal? (pois no experimento anterior vimos que a auga salgada conduce a electricidade)
- Se engadimos o zume do limón? (pois vimos que podíamos xerar corrente eléctrica con el e que tamén conduce a electricidade)
- Podemos entón montar circuítos eléctricos?
Experimentación:
- Mesturamos a auga, a fariña, o colorante, o zume do limón e engadimos o sal e o aceite .
- Quentamos nun cazo a lume baixo para que a mestura colla consistencia e espese, sen queimarse.
- Cando a masa despega do fondo e colle forma de bola ao remover, podemos retirala e deixala enfriar sobre unha táboa de cociña.
- Cando estea fría amasaremos cunha pouca máis de fariña ata que non se pegue nas nosas máns.
- Está lista para montar os nosos circuítos.
Probamos cun zoador e cun motor, tamén funcionan.
Montamos circuítos en paralelo e tamén en serie.
Conclusións:
Se os anacos de plastilina condutora, se xuntan ou se tocan producirase un cortocircuíto. Isto evitarémolo se poñemos un anaco de plastilina illante entre os anacos de plastilina condutora.
A plastilina é condutora grazas ao zume do limón e o sal.
O aceite facilita a plasticidade da mestura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario