Mostrando entradas con la etiqueta bicarbonato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bicarbonato. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de marzo de 2019

Experimento 2 / 2018-2019. Volcán.


Experimentación:

  • Materiais:

Probeta para medir líquidos.
Placa Petri.
Báscula.
Espátula.
Cubeta.
Luvas.
Bicarbonato sódico 10g.
Colorante alimenticio.
Deterxente para a louza 50ml.
Vinagre 10ml.

  • Procedemento:

1. Collemos o vaso de iogur e transformámolo nun cono cubríndoo de plastilina.
2. Depositamos o vaso de iogur coa plastilina (o noso volcán) nunha cubeta para recoller "a lava" durante a erupción.
3. Pesamos 10g de bicarbonato coa báscula de precisión.
4. Vertemos o bicarbonato no noso volcán de plastilina.
5. Medimos 50ml de deterxente e o vertemos no volcán.
6. Botamos 4 pingas de colorante no noso volcán e removemos.
7. Na probeta graduada medimos 100ml de vinagre e o vertemos con coidado no volcán.
8. Observamos como reacciona.

Hipótese:
Antes do paso 7 preguntamos ao alumnado: que acontecerá ao mesturar bicarbonato con vinagre?
Algunha hipótese do alumnado foi: "O volcán entrará en erupción".

Observacións:
Observamos unha reacción química entre o bicarbonato e o vinagre, que fixo moita espuma porque tiña xabón e que sube pola cheminea pouco a pouco ata saír polo cráter e caer pola ladeira do volcán.

Conclusións:
Ao mesturar un ácido (vinagre) cunha base (bicarbonato de sodio)prodúcese unha reacción química e obtemos como resultado un gas, dióxido de carbono (CO2), acetato de sodio e auga. Para completar a práctica investigamos como se produce unha erupción volcánica, cales son as partes do volcán...

https://www.youtube.com/watch?v=BIPwCzbCiwA







martes, 30 de octubre de 2018

Experimento 1/2018-19-Inchar un globo sen soprar

Preguntas:
Seremos capaces de inchar un globo sen soprar?

Hipótese:
Si, cun bombillo, ou tamén con helio.
Non.

Experimentación:
  • Materiais:
Unha báscula
Unha probeta para medir líquidos
Unha placa petri

Espátula
Un funil
Unha botella de auga de plástico ou vidro baleira (se é de vidro, de boca estreita)
Un globo
Vinagre 100ml
Bicarbonato 10g

  • Procedemento:

    Coa probeta medimos 100 ml de vinagre e vertémolos na botella. 
    Situamos a placa petri na báscula e poñémola a cero (taramos). Coa espátula botamos bicarbonato pouco a pouco, na placa petri ata acadar os 10 g.
    Coa axuda do funil, introducimos o bicarbonato no interior do globo.
    Con moito coidado , axustamos o globo á boca da botella, asegurándonos de que queda ben suxeito e que non se verta o bicarbonato na botella.
    Baleiramos dentro da botella o contido do globo.

    Observación:
    Vemos que se forman burbullas no vinagre e o globo comeza a incharse.

    Conclusións:
    Si, é posible inchar un globo sen soprar.
    Ao xuntarse un ácido (vinagre) e unha base (bicarbonato) prodúcese unha reacción química que desprende un gas (CO2) que é o que incha o globo.











    martes, 6 de junio de 2017

    9º experimento.- Foguete impulsado por CO2

    Materiais:

    • Botella plástico de 0.5litros
    • Cartolina
    • Pegamento de barra
    • Cola termofusible
    • Pistola cola termofusible
    • Cortiza
    • Cutter
    • Cinta adhesiva
    • Tesoiras
    • Regra
    • Papel absorbente
    • Vinagre (300ml)
    • Bicarbonato (50 gr)

    Preguntas:
    Como temos visto nos experimentos anteriores, o bicarbonato reacciona co vinagre moi rapidamente, liberando un gas (CO2). Este gas podería impulsar un foguete lixeiro? 
    Hipótese:
    Como esta reacción produce un gas o cal  exercerá  unha gran presión sobre as paredes da botella,  intentando sair , e presionando o tapón. Esta presión será quen de impulsar a botella (caracterizada coa forma dun foguete) na dirección contraria a saída do gas?
    Experimentacion:

    • Caracterizamos unha botella de plástico con cartolina, para elaborar o nariz e as aletas do foguete, empregando cartolina e pegamento.
    • Introducimos o vinagre dentro da botella.
    • Preparamos o tapón de cortiza para que se axustara á boca da botella, sen moita presión.
    • Co papel absorbente, elaboramos un rulo co bicarbonato.
    • Saímos ao patio, para dispoñer de suficiente espazo ao aire libre para realizar o experimento.
    • Apoiamos a botella nun soporte.
    • Introducimos o rulo de bicarbonato dentro da botella, e pechámola co tapón de cortizo.
    • O vinagre reaccionou co bicarbonato,  provocando que saise o tapón pero non foi suficiente para impulsar o foguete como esperábamos.

    Conclusións:
    A reacción non produciu a suficente presión para impulsar a botella, deberemos revisar as cantidades de vinagre e bicarbonato para refacer o experimento a próxima sesión.