CADERNOS DE NATURALISTA
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía (1ºESO e 4ªESO A) está a realizar de xeito individual un caderno de debuxo con especies de fauna e flora autóctona representativa de Galiza.
O obxectivo deste proxecto é coñecer a flora e fauna da nosa contorna partindo da premisa de que non se pode conservar aquilo que se descoñece. Por tanto, o caderno de debuxo é unha aproximación ao mundo do naturalismo e a Bioloxía que invita a querer seguir aprendendo sobre os seres vivos que nos rodean e aos que tanto lle debemos.
Cada semana o caderno amplíase con 4 novas especies. A día de hoxe xa superamos as 50 especies autóctonas!
Recóllese a seguinte información:
- Nome común en galego
- Nome científico en latín
- Características anatómicas, distribución, etoloxía, alimentación, estado de conservación e outros trazos distintivos da especie
- Debuxo da especie
No hay comentarios:
Publicar un comentario