A BOTELLA FUMADORA
Queres saber como quedarían os teus pulmóns se fumases un cigarro?
Introdución teórica
O tabaquismo é un problema de saúde que afecta a milleiros de persoas no noso país. Se se analiza o fume dun cigarro, pódense atopar máis de 4000 substancias químicas distintas (si, liches ben, 4 000). Pola súa incidencia e efectos dentro destas substancias destacan o alcatrán, a nicotina e o monóxido de carbono. Fumar un só cigarro pode ter consecuencias para a túa saúde. A continuación demostrámolo cun sinxelo experimento!
Materiais
- Un cigarro
- Botella de plástico grande con auga
- Chisqueiro
- Algodón
- Plastilina
- Tesoiras
- Coitelo
- Tina
Procedemento
- Meter auga nunha botella grande e esta colocala dentro dunha tina baleira
- Furar o tapón da botella cun orificio axustado ao diámetro do cigarro
- Colocar o cigarro no tapón da botella axustándoo con plastilina para que non poida entrar nen saír aire.
- Colocar o algodón debaixo do tapón e pechar a botella enroscando o tapón co cigarro.
- Prender o cigarro co chisqueiro.
- Pinchar a botella coas tesoiras para que comece a saír auga (este paso é esencial para que se xere unha presión negativa dentro da botella, o cal simula a acción de succión do fumador ou fumadora ao inhalar o fume do tabaco dentro dos pulmóns).
- Deixar que se consuma o cigarro ata o final
- Retirar o algodón e observar os resultados
Resultados
Tras analizar o algodón, compróbase que este está totalmente manchado polo alcatrán do cigarro.
Conclusións
Posto que o algodón representa os alveolos pulmonares, se se extrapolan estes resultados podemos concluír que fumar un só cigarro ten un gran impacto na nosa saúde pois deixa substancias dentro do noso corpo que tardarán en ser eliminadas moito tempo.
No seguinte vídeo podedes ver o experimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario