Pregunta:
De que está formado o negro?
Hipótese: O negro está formado por todas as cores mesturadas.
Materiais.
Papel de filtro
Rotulador negro
Vaso precipitado
Auga
Varilla
Procedemento:
Pintamos unha raia a dous centímetros dun dos extremos dunha tira de papel de filtro.
Botamos auga no vaso de precipitado.
Colocamos a varilla enriba do vaso e colgamos dela o papel, de xeito que toque na auga do fondo.
Observacións:
Vemos como a auga sobe polo papel por capilaridade, vencendo a forza da gravidade, e ao chegar á raia negra vai arrastrando a tinta. Van aparecendo diferentes cores, azul, verde, amarelo, morado...
Vemos que en todos os grupos que facemos a práctica a secuencia de cores é a mesma.
Conclusións:
O negro está formado de varias cores mesturadas que se separan sempre na mesma orde.
O CPI de Atios participa no programa de innovación "Club de Ciencia". Este Club desenvolverase fóra do horario lectivo (martes pola tarde) e nel poderá participar alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que teña interese en indagar na ciencia e responder ás súas curiosidades mediante a experimentación. Profesoras encargadas: Alba Vilela, Eva Gómez, Rosa Pazos, Blanca Riveira, Ana Ramos e Cristina Soto.
Mostrando entradas con la etiqueta papel filtro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta papel filtro. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de marzo de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


