martes, 6 de junio de 2017

9º experimento.- Foguete impulsado por CO2

Materiais:

  • Botella plástico de 0.5litros
  • Cartolina
  • Pegamento de barra
  • Cola termofusible
  • Pistola cola termofusible
  • Cortiza
  • Cutter
  • Cinta adhesiva
  • Tesoiras
  • Regra
  • Papel absorbente
  • Vinagre (300ml)
  • Bicarbonato (50 gr)

Preguntas:
Como temos visto nos experimentos anteriores, o bicarbonato reacciona co vinagre moi rapidamente, liberando un gas (CO2). Este gas podería impulsar un foguete lixeiro? 
Hipótese:
Como esta reacción produce un gas o cal  exercerá  unha gran presión sobre as paredes da botella,  intentando sair , e presionando o tapón. Esta presión será quen de impulsar a botella (caracterizada coa forma dun foguete) na dirección contraria a saída do gas?
Experimentacion:

  • Caracterizamos unha botella de plástico con cartolina, para elaborar o nariz e as aletas do foguete, empregando cartolina e pegamento.
  • Introducimos o vinagre dentro da botella.
  • Preparamos o tapón de cortiza para que se axustara á boca da botella, sen moita presión.
  • Co papel absorbente, elaboramos un rulo co bicarbonato.
  • Saímos ao patio, para dispoñer de suficiente espazo ao aire libre para realizar o experimento.
  • Apoiamos a botella nun soporte.
  • Introducimos o rulo de bicarbonato dentro da botella, e pechámola co tapón de cortizo.
  • O vinagre reaccionou co bicarbonato,  provocando que saise o tapón pero non foi suficiente para impulsar o foguete como esperábamos.

Conclusións:
A reacción non produciu a suficente presión para impulsar a botella, deberemos revisar as cantidades de vinagre e bicarbonato para refacer o experimento a próxima sesión.