Mostrando entradas con la etiqueta líquidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta líquidos. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de mayo de 2018

Experimento 12.- Un máis Un, son sempre dous?

Na ciencia moitas veces a intuición  non é a mellor conselleira, e non é bo deixarse levar por “primeiras impresións”. 
Realmente pensas que un máis un son sempre dous?
Materiais

  • Probetas de  50 ml e de 100 ml de capacidade.
  •  Auga destilada  50 ml
  • Alcohol sanitario 50 ml
  • Un funil 

Experimento

  1. Medimos na probeta pequena 50 ml de alcohol sanitario. 
  2. Botámolo na probeta grande. 
  3. Medimos noutra probeta 50 ml de auga destilada.
  4. Vertémolo na probeta grande xunto co alcohol.

Se mesturamos 50 ml de alcohol e 50 ml de auga destilada debemos ter 100 ml de líquido.
Ímolo comprobar: vemos que mide menos de 100 ml, por que?
Explicación
Ao mesturar dous líquidos, as súas masas son aditivas, pero non así os volumes, e por tanto o volume final pode ser maior ou menor que a suma dos volumes iniciais. Resulta que, neste caso, ao  mesturar un volume de auga e un volume igual de alcohol, o volume resultante é menor que a suma dos dous. Ocorre que as  moléculas do alcohol e as do auga interaccionan fortemente uníndose con moita afinidade e ocupando menos espazo que se estiveran soas, o cal implica que a mestura terá un volume menor á suma dos volumes iniciais.


Experimento 11.-Fluído non Newtoniano

Hai fluídos que se poden comportar como líquidos ou como sólidos, dependendo da presión que se lles aplique. É o caso dos fluídos non newtonianos.
Materiais:
  • Prato fondo
  • Fariña de millo  150 gr.
  • Auga 100 ml
  • Vaso medidor
  • Balanza

Experimento
O primeiro que temos que facer é poñer a cantidade de fariña  no recipiente que imos usar. A continuación, iremos botando auga pouco a pouco e removendo a mestura ata conseguir a textura desexada. Podemos removela cunha espátula ou coas mans.

Para comprobar que xa temos a textura idónea, tan só temos que dar un golpe seco e observaremos que a mestura  se mantén sólida, mentres que se metemos a man lentamente a mestura actuará como un líquido.

Explicación

Ao mesturar a fariña de millo coa auga creamos un fluído chamado "non newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión, o fluído compórtase como un sólido  e se  lle aplicamos pouca, faino como un líquido.








martes, 24 de abril de 2018

Experimentos 4º primaria.-O LÍQUIDO QUE DESAPARECE...

Ás veces cando mesturamos a mesma cantidade de dous líquidos distintos,
en vez de ter o doble de líquido temos menos, por que?

Materiais:
  • Auga destilada (50 ml)
  • Alcol sanitario (50 ml)
  • 1 probeta 
  • 1 vaso medidor
  • 1 funil
Ímolo comprobar.


Pasos a seguir
1º Botamos na probeta 50 ml de alcol sanitario.
2º Poñémolo no vaso medidor
3º Botamos na probeta 50ml de auga destilada.
4º Vertémolo no vaso.
5º Se mesturamos 50ml de alcohol e 50ml de auga destilada debemos ter 100ml de líquido.
6º Botamos todo o líquido do vaso na probeta coa axuda do funil e comprobamos se temos 100 ml
7º Vemos que mide menos de 100 ml, por que?
PORQUE as moléculas do etanol e as moléculas da auga destilada “lévanse moi ben” e cando se atopan xúntanse e abrázanse moi forte. Así ocupan moito menos espazo, é dicir, prodúcese unha CONTRACCIÓN DE VOLUME polo que ocupan menos pero seguen pesando o mesmo.



martes, 16 de mayo de 2017

4º experimento.- Líquidos non miscibles (Concepto de densidade)

Materiais:


  1. Xabón líquido ou deterxente para a louza (20 ml)
  2. Mel (20 ml)
  3. Aceite de xirasol (20 ml)
  4. Aceite de oliva
  5. Alcohol (20 ml)
  6. Auga (20 ml)
  7. Colorante alimenticio
  8. Parafuso, moeda, zanahoria, tapón de plástico, anaco de cortiza, anaco porexpan (poliestireno expandido), anaco de madeira, anaco de aluminio..
  9. Probeta graduada.
  10. Vaso de precipitados (para colorear a auga e o alcohol)





Pregunta:
Con diferentes líquidos que podemos atopar na casa, podemos observar que a densidade é unha propiedade característica  de cada sustancia, e que é a relación entre a cantidade de masa nun volume determinado.

  • A simple vista podemos determinar a densidade?
  • Cal é  o líquido máis denso? e o menos denso? E os materiais, cales son os máis densos?

Hipótese:
Se os obxectos menos densos que a auga aboian, entón un líquido menos denso, aboiará sobre outro máis denso.
Imos colocar diferentes líquidos coloreados, non miscibles e de diferentes densidades nunha probeta gradudada, e veremos como se distribúen.

Experimentación:

  • Imos vertendo pouco  a pouco 20 ml dos diferentes líquidos, comezando polo que cremos máis denso (o mel), a continuación o deterxente para a louza, despois a auga, logo o aceite e por último o alcol coloreado. Observaremos como se van ao fondo os máis densos e flotan os menos densos.
  • Debemos ter especial coidado co xabón e a agua, de que non fagan espuma.
  • Como o alcol é incoloro, igual que a auga, tinguirémolo con colorante alimenticio para diferencialo.
  • Despois deixamos caer os obxectos  dentro da probeta e observamos o que ocorre.
  • Debemos ter coidado ao engadir os líquidos viscosos, que non se pequen ás paredes da probeta. E os menos viscosos,como a auga, vertelos pegados á parede para que non faga espuma co xabón líquido.
Conclusións:

  • O aceite por ser viscoso, críamolo máis denso que a auga, en contra do que pensabamos ao comezo, aboia sobre a agua.
  • Obtemos unha serie de bandas ou capas na probeta, onde cada líquido menos denso aboia sobre o máis denso e sitúase debaixo do menos denso.
  • Os obxectos afundense ata atopar un líquido de maior densidade que a do obxecto.
  •  Unha vez rematado o experimento, ordena os elementos empregados de menor a  maior densidade.
  • Na imaxe podemos observar como a madeira aboia, no alcol sen asomar sobre a superficie, mentres que o porexpan flota totalmente.
  • O tapón de plástico, aboia sobre a auga pero non sobre o alcol.
  • O anaco de aluminio vaise ao fondo a pesar de ser un metal moi lixeiro.