Mostrando entradas con la etiqueta azul de metileno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta azul de metileno. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de diciembre de 2018

Práctica laboratorio 2/2018-19. A célula animal

Pregunta:
Como é unha célula animal?
Hipótese:
A célula animal é redondeada.

Práctica
Materiais:
Mucosa bucal
Auga
Azul de metileno
Portaobxectos
Cubre
Depresores de madeira
Vaso de precipitados
Pipeta Pasteur
Erlenmeyer
Queimador de alcol
Microscopio

Procedemento:
Poñemos unha gota de auga cunha pipeta Pasteur nun portaobxectos. A continuación tomamos unha mostra de mucosa bucal cun depresor de madeira e incorporámola ao portaobxectos. Cunha pinza collemos o portaobxectos e secamos a preparación co queimador de alcol. Engadimos unha gota de azul de metileno e agardamos uns minutos. Pasado este tempo lavamos abundantemente. Poñemos o cubre e volvemos a secar o portaobxectos co queimador de alcol. Finalmente levamos a preparación ao microscopio.

Observación:
No microscopio observamos unha estrutura redondeada cunha membrana, un núcleo ben definido e varios orgánulos.

Conclusións:
A célula animal é redondeada cunha membrana que a limita e dentro dela están o núcleo, o citoplasma e os orgánulos.








sábado, 17 de noviembre de 2018

Práctica laboratorio 1/2018-19.- A célula vexetal

Pregunta
Como é unha célula vexetal?
Hipótese: 
Unha célula vexetal é redonda

Práctica
  • Materiais:
Cebola
Navalla
Portaobxectos
Cubre
Pinzas
Goteiro
Placa petri
Azul de metileno
Frasco  lavador
Microscopio 
  • Procedemento:
Cortamos con coidado un pedazo de cebola coa navalla e colocámola nunha placa petri. Coa axuda dunha pinzas separamos unha capa de cebola o mais fina posible.
Colocamos a mostra de cebola no portaobxectos e cun  goteiro engadimos unha gota de azul de metileno. 
Despois duns minutos lavamos a mostra co frasco lavador para quitar o tinte que sobra. Ubicamos o cubre e levamos a preparación ao microscopio. 
(Debuxamos o que estamos vendo na ficha)

Observacións
Podemos observar unha malla formada polas células vexetais. 

Conclusións
As células da cebola teñen forma alongada e forman unha malla.