lunes, 10 de diciembre de 2018

Práctica laboratorio 2/2018-19. A célula animal

Pregunta:
Como é unha célula animal?
Hipótese:
A célula animal é redondeada.

Práctica
Materiais:
Mucosa bucal
Auga
Azul de metileno
Portaobxectos
Cubre
Depresores de madeira
Vaso de precipitados
Pipeta Pasteur
Erlenmeyer
Queimador de alcol
Microscopio

Procedemento:
Poñemos unha gota de auga cunha pipeta Pasteur nun portaobxectos. A continuación tomamos unha mostra de mucosa bucal cun depresor de madeira e incorporámola ao portaobxectos. Cunha pinza collemos o portaobxectos e secamos a preparación co queimador de alcol. Engadimos unha gota de azul de metileno e agardamos uns minutos. Pasado este tempo lavamos abundantemente. Poñemos o cubre e volvemos a secar o portaobxectos co queimador de alcol. Finalmente levamos a preparación ao microscopio.

Observación:
No microscopio observamos unha estrutura redondeada cunha membrana, un núcleo ben definido e varios orgánulos.

Conclusións:
A célula animal é redondeada cunha membrana que a limita e dentro dela están o núcleo, o citoplasma e os orgánulos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario