Mostrando entradas con la etiqueta cabaza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabaza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Máis moléculas de outono

                                                                         Martes 17 de novembro de 2019

Seguindo co estudo das moléculas, imos ver hoxe outra das que tamén están presentes na cabaza, un alcol.

Pregunta: Que lle dá ese olor tan característico á polpa da cabaza?
O responsable é un alcol, unha substancia que se evapora con facilidade.
Imos tentar reproducir unha destas moléculas!

Materiais:
- Plastilina de cor laranxa, de cor verde e de cor azul
- Escarvadentes

Procedemento:
A molécula deste alcol ten 6 átomos de Carbono, 12 de Hidróxeno e un de Osíxeno.
Facemos grupos de 6 alumnos e cada un vai facer unha molécula.
Facemos os átomos de Carbono coa plastilina laranxa formando boliñas.
Despois unímolas cos escarvadentes seguindo un esquema da molécula que xa temos buscado.
Unha vez feita a estrutura, facemos os átomos de Hidróxeno, de tamaño menor que os anteriores, coa plastilina verde.
Colocamos os átomos de Hidróxeno cos escarvadentes arredor dos átomos de Carbono, tendo en conta que cada un ten que ter catro enlaces, igual que na sesión anterior.
Finalmente colocamos o átomo de Osíxeno de cor azul.


































miércoles, 13 de noviembre de 2019

Moléculas de outono



                                              Martes 3 de novembro de 2019

A materia. Moléculas e átomos

Comezamos o Club de Ciencia deste curso 2019-20 estudando os elementos que están na nosa contorna. E agora que estamos celebrando o Magosto e o Samaín, imos ver... as cabazas!!!

Pregunta: Por que son desa cor as cabazas?
O responsable é o caroteno, unha molécula que está presente noutros alimentos desa cor como as cenorias.
Imos intentar representar unha destas moléculas de caroteno!

Materiais:
- Plastilina de cor laranxa e de cor verde
- Escarvadentes

Procedemento:
A molécula de caroteno ten 40 átomos de Carbono e 56 de Hidróxeno.
Facemos grupos de oito alumnos e cada un vai facer unha molécula.
Facemos os átomos de Carbono coa plastilina laranxa formando boliñas.
Despois unímolas cos escarvadentes seguindo un esquema da molécula que buscamos previamente, tendo coidado de poñer dous escarvadentes nos dobres enlaces.
Unha vez feita a estrutura, facemos os átomos de Hidróxeno, de tamaño menor que os anteriores, coa plastilina verde.
Finalmente, colocamos os átomos de Hidróxeno cos escarvadentes arredor dos átomos de Carbono, tendo en conta que cada un ten que ter catro enlaces (saen catro escarvadentes de cada un).