Mostrando entradas con la etiqueta aceite. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aceite. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de marzo de 2019

Experimento 3 / 2018-2019.

Separación de mesturas heteroxéneas por imantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar area e clips sen tocalos coas mans?

Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar os clips da area sen tocalos se empregan un imán.

Experimentación:

  • Materiais:
        Báscula.
        Placa Petri.
        Imán.
        Area (40g).
        Clips (1g).
        Cubeta.
        Espátula.
  • Procedemento:

  1. Sobre a báscula colocamos a placa Petri e poñemos  a básula a cero (tarar).
  2. Pesamos 50g de area. Retiramos a placa e botamos a area na cubeta.
  3. Colocamos de novo a placa Petri sobre a báscula. A continuación, volvémola a poñer a cero (tarar).
  4. Pesamos 1g de clips. Retirámolos e botámolos na cubeta.
  5. Mesturamos a area e os clips coa espátula.
  6. Pasamos o imán preto da mestura e observamos que os clips son atraídos.
  7. Comprobamos que temos os mesmos gramos de clips que ao comezo.
Observacións:
Observamos que ao aproximar o imán os clips son atraídos polo. 

Conclusións:
O imán atrae ao metal.



 Separación de mesturas heteroxéneas por decantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar unha mestura heteroxénea formada por auga e aceite?

 Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar a auga e o aceite empregando unha culler.

Experimentación:
  • Materiais:
        Aceite (100ml).
        Auga (100ml).
        Soporte e aro.
        Pinzas de suxeición.
        Vasos de precipitados.
        Funil de decantación.
  • Procedemento:
  1. En primeiro lugar colocamos o aro no soporte e sobre o aro colocamos o funil de decantación.
  2. Comprobamos que a billa do embude está pechada.
  3. Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
  4. Medimos 100ml de aceite nun vaso de precipitados.
  5. Baleiramos con coidado o aceite no interior do funil.
  6. Medimos 100ml de auga que baleiramos a continuación no embude.
  7. Como a auga e máis densa observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
  8. Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
  9. Abrimos con coidado a billa e vemos como vai saíndo a auga.
Unha variante sería tinguir a auga con colorante.

Observacións:

Observamos que ao mesturar a auga, o aceite sube e a auga baixa.

Conclusións: A auga é máis densa e por iso baixa ao fondo, mentres que o aceite sube debido a que ten menor densidade que a auga. 











martes, 6 de febrero de 2018

Experimento 3/2018- MESTURAS HETEROXÉNEAS- SEPARACIÓN POR DECANTACIÓN.

Neste experimento imos separar unha mestura heteroxénea de líquidos (auga e aceite) mediante o método de decantación.

Materiais:
Soporte + aro
Pinzas de suxeición
Funil de decantación
Vasos de precipitados
Aceite 100 ml
Auga 100 ml

Experimentación:
Colocamos o aro no soporte.
Sobre o aro colocamos o funil de decantación.
Asegurámonos que a billa do embude está pechada.
Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
Baleiramos con coidado o aceite no interior do embude.
A continuación baleiramos a auga.
Como a auga é máis densa, observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
Abrimos con coidado a billa, e vemos como vai saíndo a auga.





martes, 30 de enero de 2018

Experimento 1/2018.- MESTURAS -LÁMPADA DE LAVA

Materiais:
  • Bote de vidro reciclado.
  • Auga
  • Colorante alimentario
  • Aceite de Xirasol
  • Pastilla efervescente 

No bote de cristal botamos o aceite e a continuación a auga. Como son dous líquidos non miscibles (non se mesturan), observamos que o líquido máis denso (auga) vai ao fondo e o menos denso flota (aceite). Deixamos repousar.
Botamos unhas gotiñas de colorante alimentario na mestura (8), observando que pasan a través do aceite (son máis densas) e flotan na auga, pouco a pouco comeza a disolverse nela.
Engadimos a pastilla efervescente partida en 4 anacos.
Agardamos e comezan a facerse burbullas, que suben e volven baixar.

Conclusións:
A pastilla efervescente solta gas, e provoca burbullas na auga que soben á superficie por ser menos densas.
Cando o gas desaparece, volven baixar porque a auga é máis densa que o aceite.