Seguindo co estudo das moléculas, imos ver hoxe outra das que tamén están presentes na cabaza, un alcol.
Pregunta: Que lle dá ese olor tan característico á polpa da cabaza?
O responsable é un alcol, unha substancia que se evapora con facilidade.
Imos tentar reproducir unha destas moléculas!
Materiais:
- Plastilina de cor laranxa, de cor verde e de cor azul
- Escarvadentes
Procedemento:
A molécula deste alcol ten 6 átomos de Carbono, 12 de Hidróxeno e un de Osíxeno.
Facemos grupos de 6 alumnos e cada un vai facer unha molécula.
Facemos os átomos de Carbono coa plastilina laranxa formando boliñas.
Despois
unímolas cos escarvadentes seguindo un esquema da molécula que xa temos buscado.
Unha vez feita a estrutura, facemos os átomos de Hidróxeno, de tamaño menor que os anteriores, coa plastilina verde.
Colocamos os átomos de Hidróxeno cos escarvadentes arredor dos átomos
de Carbono, tendo en conta que cada un ten que ter catro enlaces, igual que na sesión anterior.
Finalmente colocamos o átomo de Osíxeno de cor azul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario