
Para finalizar as actividades do primeiro trimestre, as nenas e os nenos do Club visitaron coas súas mestras a Casa das Ciencias na Coruña.
Desfrutamos dunha sesión de astronomía no Planetario," Da Terra ao Universo", e despois participamos das actividades interactivas que ofrecen os diferentes espazos do museo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario