Hai fluídos que se poden comportar como líquidos ou como sólidos,
dependendo da presión que se lles aplique. É o caso dos fluídos non
newtonianos.
Materiais:
- Prato fondo
- Fariña de millo 150 gr.
- Auga 100 ml
- Vaso medidor
- Balanza
Experimento
O primeiro que temos que facer é poñer a cantidade de fariña no recipiente que imos usar. A continuación,
iremos botando auga pouco a pouco e removendo a mestura ata conseguir a textura
desexada. Podemos removela cunha espátula ou coas mans.
Para comprobar que xa temos a textura idónea, tan só temos que dar un golpe seco e observaremos que a mestura se mantén sólida, mentres que se metemos a man lentamente a mestura actuará como un líquido.

Explicación
Ao
mesturar a fariña de millo coa auga creamos un fluído chamado "non
newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso,
cando lle aplicamos moita presión, o fluído compórtase como un sólido e se
lle aplicamos pouca, faino como un líquido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario