Hoxe veremos como se acumula a enerxía elástica nunha goma e se libera en forma
de enerxía cinética (=que é a que provoca o movemento)
Montaremos un circuíto co que provocaremos unha explosión de enerxía cinética
creando una reacción en cadea.
Materiais:
- Gomas elásticas
- Pezas de construcción de madeira de igual tamaño
- Pauíños de madeira de manualidades (grandes)
- Pompóns, pelotas de ping pong, gomas de cores, etc.
Coloca un cubo entre dous pauíños de madeira.
Une os dous pauíños polos seus dous extremos con dúas gomas elásticas.
Repite agora co outro cubo entre dous pauíños de madeira,
unidos pola goma elástica agora só por un dos sus extremos.
Os extremos que quedan libres debes enganchalos entre os da primera peza.
Repite ata que se che acaben as pezas ou a paciencia!
Coloca diferentes obxectos (pompóns, pelotas de ping-pong, gomiñas de cores, etc)
sobre as pezas de madeira.
Solta a goma extra que engadiras á primeira peza e observa como se produce unha “explosión”
de pauíños e gomas de cores.
Por que ?
Cando unimos os pauíños coas gomas elásticas estamos creando unha tensión
na goma e acumulando enerxía elástica.
Ao soltar a goma, libérase esta enerxía que se converte en enerxía cinética,
que é a que produce o movemento en cadea: ao soltar a primeira goma,
o pauíño sae disparado, liberando a segunda goma e o seguinte pauíño
e así ate chegar ao final da cadea.
Algúns apuntamentos que nos poden axudar…
Enerxía elástica:
As gomas elásticas están formadas por longas cadeas de moléculas enroladas formando unha especie de rede.
Cando estiramos a goma, as moléculas desenrólase e colócanse en línea unhas xunta as outras.
A enerxía que utilizamos para estirar a goma, acumúlase nela e forma ENERXÍA POTENCIAL ELÁSTICA.
Cando soltamos a goma, as moléculas recuperan a súa forma inicial, enrolándose de novo.
A enerxía acumulada en forma de enerxía elástica transfórmase rapidamente en enerxía cinética
(=que é a que provoca o movemento). Isto fai que a goma saia voando.
Canto máis estiramos a goma, máis enerxía elástica acumula e máis movemento (enerxía cinética)
recorre a goma = máis distancia.
Reacción en cadea:
Unha reacción en cadea é unha secuencia de reaccións un elemento reactivo produce reaccións adicionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario