Materiais:
Tecnicamente:
A corrente producida cun só limón é insuficiente, por iso necesitamos conectar varios limóns en serie (varias patacas, laranxas, vasos con auga salgada..)
- 5 limóns
- 5 patacas
- 5 laranxas
- 5 botes con auga salgada
- 5 chapas de cobre
- 5 chapas de zinc
- 6 cables con pinzas de crocodilo
- LEDs
- Polímetro
Pregunta
Se as pilas comerciais producen enerxía eléctrica mediante métodos químicos, nós poderiamos simular no laboratorio unha pila (batería) para demostrar que unha reacción química pode producir corrente eléctrica?
Experimentación:
A estrutura básica dunha pila son os polos, bornes ou electrodos que serán as chapas de cobre e zinc. Un deles (zinc) será o ánodo ou polo negativo(-), e o cobre será o cátodo ou polo positivo (+), que serán introducidos nunha disolución condutora da electricidade (limón, pataca, laranxa ou auga salgada) que será o chamado electrolito.
Tecnicamente:
- Ocorre a oxidación no ánodo (zinc) Zn⇒Zn2 + 2e- (libera electróns)
- Prodúces a redución no cátodo , xa que se reducen os ións de hidróxeno presentes no zume do limón 2H+2e- ⇒ H2
A corrente producida cun só limón é insuficiente, por iso necesitamos conectar varios limóns en serie (varias patacas, laranxas, vasos con auga salgada..)
A voltaxe tamén depende da acidez dos limóns ou saturación da auga salgada, e do tamaño das chapas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario