Na ciencia moitas veces a intuición non é a mellor conselleira, e non é bo
deixarse levar por “primeiras impresións”.
Realmente pensas que un máis un son sempre dous?
Materiais
Experimento
Se mesturamos 50 ml de alcohol e 50 ml de auga destilada debemos ter 100 ml de líquido.
Ímolo comprobar: vemos que mide menos de 100 ml, por que?
Explicación
Ao mesturar dous líquidos, as súas masas son aditivas, pero non así os volumes, e por tanto o volume final pode ser maior ou menor que a suma dos volumes iniciais. Resulta que, neste caso, ao mesturar un volume de auga e un volume igual de alcohol, o volume resultante é menor que a suma dos dous. Ocorre que as moléculas do alcohol e as do auga interaccionan fortemente uníndose con moita afinidade e ocupando menos espazo que se estiveran soas, o cal implica que a mestura terá un volume menor á suma dos volumes iniciais.

- Probetas de 50 ml e de 100 ml de capacidade.
- Auga destilada 50 ml
- Alcohol sanitario 50 ml
- Un funil
Experimento
- Medimos na probeta pequena 50 ml de alcohol sanitario.
- Botámolo na probeta grande.
- Medimos noutra probeta 50 ml de auga destilada.
- Vertémolo na probeta grande xunto co alcohol.
Se mesturamos 50 ml de alcohol e 50 ml de auga destilada debemos ter 100 ml de líquido.
Ímolo comprobar: vemos que mide menos de 100 ml, por que?
Explicación
Ao mesturar dous líquidos, as súas masas son aditivas, pero non así os volumes, e por tanto o volume final pode ser maior ou menor que a suma dos volumes iniciais. Resulta que, neste caso, ao mesturar un volume de auga e un volume igual de alcohol, o volume resultante é menor que a suma dos dous. Ocorre que as moléculas do alcohol e as do auga interaccionan fortemente uníndose con moita afinidade e ocupando menos espazo que se estiveran soas, o cal implica que a mestura terá un volume menor á suma dos volumes iniciais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario