PUNTO DE PARTIDA( coñecementos previos)
Preparamos o experimento do seguinte xeito:
Botamos un pouco de auga mesturada cun colorante alimentario nun prato fondo. Colocamos no centro do prato unha vela. Explicamos que imos acender a vela e logo cubriremos a vela cun vaso. Preguntamos que pasará, ata que todos teñan claro que, cando se acabe o osíxeno que hai no interior do vaso, a vela apagarase, porque calquera combustión consume osíxeno e desprende dióxido de carbono e vapor de auga
Pregunta:
Que pasará cando a vela se apague?
Hipóteses:
- Que o vapor de auga se condensa no vaso e se produce algo parecido a unha chuvia.
- Que a vela se volve a acender, porque o dióxido de carbono e o vapor de auga se volven a transformar en osíxeno.
Experimentación:
- Materais:
Un vaso de precipitado ou calquer outro recipiente para verter nel a auga.
Un prato fondo
100 cl de auga, apoximadamente.
Unhas gotiñas de colorante alimentario.
Unha vela.
Un vaso de vidro.
Cerillas ou un mecheiro.
Un prato fondo
100 cl de auga, apoximadamente.
Unhas gotiñas de colorante alimentario.
Unha vela.
Un vaso de vidro.
Cerillas ou un mecheiro.
- Procedemento:
Observación:
Ao tapar a vela co vaso, esta sigue ardendo durante uns segundos, pero logo apágase. Case no mesmo instante que esto sucede, entra máis auga da que había antes dentro do vaso, de xeito que o nivel que alcanza esta dentro do vaso é considerablemente máis alto que o nivel da auga que queda no prato.Trátase de tratar de explicar porqué ocorre este fenómeno.
Conclusión:
Cando colocamos o vaso sobre a vela acendida, como esta desprende calor, quenta a columna de aire que hai encima dela. O aire quente pesa menos ca o aire frío, xa que as súas moléculas están máis separadas; pero no momento en que a vela se apaga, o aire que hai dentro do vaso arrefriáse, as súas moléculas xúntanse máis e ocupa menos espazo. Créase así unha diferencia de presión entre o aire que hai dentro do vaso e o que hai fóra. A presión tende a igualarese, e entón o aire que está fóra do vaso quere entrar, para que se igualen as dúas presións. Non pode entrar, porque na boca do vaso hai auga, non aire, pero empurra á auga do prato (exerce presión sobre a auga do prato). por iso entra auga dentro do vaso.
Isto mesmo ocorre na atmosfera: cando unha masa de aire se quente ou arrefría, fai que as presións atmosféricas varíen e as masas de aire se despracen, para intentar igualarse. Esto é un dos fenómenos que provoca os ventos.
PARA ACCEDER A MÁIS FOTOS DO EXPERIMENTO, CLICA AQUÍ
Podes observar o experimento no seguinte vídeo.
PARA ACCEDER A MÁIS FOTOS DO EXPERIMENTO, CLICA AQUÍ
Podes observar o experimento no seguinte vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario