O naftaleno
é un sólido branco que se emprega como repelente (entre outros
usos) e ten un olor moi característico.
Materiais:
-
Tubo de ensaio
-
Vaso de precipitados
-
Espátula
-
Termómetro
-
Soporte universal
-
Pinzas
-
Placa calefactora
Procedemento:
Engadimos
con axuda dunha espátula naftaleno no fondo do tubo de ensaio. A
continuación metemos o tubo no vaso de precipitados con auga de
xeito que a auga cubra toda a altura do naftaleno (imos quentar en
baño María). O termómetro o introducimos no naftaleno para poder
saber a temperatura do produto a cada instante. Comezamos a quentar o
vaso de precipitados cando temos toda a montaxe feita e observamos o
que lle sucede ó naftaleno. Cando nos aproximamos ós 80ºC
obsérvase un líquido incoloro e a temperatura deixa de subir por
uns segundos. Cando xa non queda nada en estado sólido o termómetro
empeza a subir de novo.
Que é
ese líquido incoloro?
O líquido
é naftaleno en estado líquido, é dicir, pasamos o naftaleno de
sólido a líquido, fixemos a fusión
do naftaleno
e dita fusión sucedeu ós 80ºC. Algo moi importante que aprendemos
nesta práctica é que mentres se está producindo o cambio de
estado, é dicir, mentres o naftaleno se está fundindo, a
temperatura non cambia!!!
Isto mesmo sucede mentres o xeo se funde,
por exemplo.
Unha vez
fundido todo o naftaleno o retiramos do vaso de precipitados e vemos
que cando a temperatura do termómetro alcanza de novo os 80ºC volve
a aparecer o sólido branco, é dicir, esta vez pasamos de líquido a
sólido. Este proceso chámase solidificación.
Por
tanto a fusión e a solidificación suceden á mesma temperatura, no
primeiro caso temos que quentar e no segundo arrefriar pero mentres
os cambios de estado están sucedendo a temperatura NON CAMBIA, NIN
AUMENTA NIN DIMINÚE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario