domingo, 24 de febrero de 2019

Experimento 6 2018/19- 4º primaria: o globo fakir. Concepto de presión.







  ( Primeiro comprobamos que ao presionar lixeiramente un globo inflado sobre unha chincheta, este explota rapidamente) 



Pregunta:
Que pasará se poñemos un globo enriba desta cama de chinchetas e lle colocomos libros enriba?

Hipóteses:
 - Que vai explotar enseguida.
 - Que non explota instantaneamente, pero vaise ir desinflando. porque perde aire por varios furados ao mesmo tempo.

 Experimentación:

  •     Materais:

       - 2 cartóns cadrados ou rectangulares.
       - Unhas 150-200 chinchetas aproximadamente.
       - 1-3 globos, dependendo das veces que queiramos reproducir o experimento.
       - 4 paus de pinchos morunos, para que o globo se sosteña encima da cama de chinchetas.
       - Varios dicionarios ou outros libros pesados.

     
  • Procedemento:  
Cortamos dous anacos de cartón, coma o da imaxe. Imos cravando nel as chinchetas. Cando estea rematado colocámolo coas puntas hacia arriba.Cravamos os 4 paus nos vértices da cama, de xeito que queden o máis fixados posible. Inframos o globo e colocámolo encima da cama de cravos, con coidado. Despois poñemos o outro cartón enriba. Logo imos colocando os libros enriba do cartón.

Observación:

Colocamos varios dicionarios, e comprobamos que o globo non estoupa. Dependendo do grupo que realiza o experimento, fai falla colocar de 8 ata 11dicionarios ben pesados para conseguir que o globo estoupe.

Conclusión:
Cando colocamos un globo enriba de unha soa chincheta, o peso deste concéntrase nun só punto, que é a punta da chincheta; pero se o colocamos enriba da cama de chinchetas o peso do globo repártese entre tantos puntos coma chinchetas hai, por iso non só soporta o peso do globo, senón o peso de varios libros que lle poñemos enriba. Isto é a presión, que é a forza que se aplica en cada anaco de superficie de contacto. Ao facelo só cunha chincheta, a superficie de contacto é moi pequena, e a presión que se exerce é moi grande, mentras que se hai moitas chinchetas, a presión que se exerce é moito máis pequena, e precísase colocar moito peso enriba do globo para conseguir que este estoupe.

Se queres ver máis fotos, fai clic AQUÍ


Fai clic sobre o vídeo se queres ver o experimento completo
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario