Experimento 4 / 2018-2019. Simulación de aparello respiratorio.
Pregunta:
Como poderiamos facer para que os
globos dentro da botella (pulmóns na cavidade torácica) se inflen e desinflen?
Hipóteses:
Soprando, cunha reacción química empregando vinagre e bicarbonato...
Experimentación:
- Materais:
Unha botella de plástico baleira de aproximadamente 2 l.
2 globos.
2 palliñas flexibles.
Un coitelo.
Unha luva de látex.
Cinta adhesiva.
Plastilina
Tesoiras
- Procedemento:
- Cortamos a botella co coitelo algo máis abaixo da metade (empregaremos só a parte superior da botella).
- Unimos as dúas palliñas con cinta adhesiva de xeito que queden con forma de Y.
- Introducimos o par de palliñas pola parte cortada da botella, e sacamos pola boca desta a parte das palliñas que está unida, simulando unha tráquea dentro da cavidade torácica.
- Abrindo a luva de látex, colocámola na parte aberta da botella. Asegurámola ben con cinta adhesiva, para evitar que por ahí escape aire.
- Colocamos un pedazo de plastilina na boca da botella e xunto as palliñas, procurando que por esa parte tampouco escape aire.
- Agarramos a luva pola parte dos dedos e tiramos cara abaixo; logo soltamos e repetimos ambos movementos de forma rítmica.
Observacións:
Ao tirar da luva cara abaixo observamos que os globos se inflan, e ao deixar de tirar volven a desinflarse soltando o aire que había no seu interior.
Conclusións:
Si é posible inflar e desinflar os
globos dentro da botella, simulando o que acontece no aparello respiratorio.
Cando inspiramos o diafragma (luva) contráese e descende, de modo que a cavidade torácica (botella) amplíase e o aire entra nos pulmóns (globos) a través da nariz ou da boca. Na expiración o diafragma reláxase e elévase, de modo que a cavidade torácica disminúe o seu tamaño provocando a saída do aire dos pulmóns cara o exterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario