martes, 19 de marzo de 2019

experimento 7/ 2018-19 Construir unha lámpada de lava.



Pregunta:

Como podemos construir unha lámpada de lava, empregando alcol, auga, aceite e colorante?

Hipóteses:

     -mesturando todo simplemente.
    - mesturando todo e facelo quentar ata que ferva.
    - mesturando a auga co colorante primeiro e logo mesturalo co alcol e co aceite.

Experimentación:

  • Materiais:   
 - dous vasos de precipitado.
- un forniño eléctrico.
- unss 10-20 ml se alcol.
-uns 20-40ml de auga
-25-40 ml de aceite.
- un pouco de colorante alimentario.

  • Procedemento:

  1. Botamos a auga nun dos vasos de precipitado, vertémos nel o colorante e mesturamos.
  2. Vertemos o alcol no outro vaso de precipitados. e engadimos logo unhas 3 ou 4 pingas de aceite.
  3. Moi a modiño, imos vertendo a auga co colorante do outro vaso, ata que vexamos que as pingas   de aceite que estaban no fondo do vaso empecen a ascender. É importante que nese momento non sigamos a verter máis auga.
  4. Vertemos o aceite no vaso
  5. Colocamos o vaso a quentar no forniño eléctrico e esperamos....






























  •  Observación:
Ao mesturar o alcol coa auga con colorante, da a sensación que se mestura todo, pero cando engadimos o aceite, este non se mestura, senón que o aceite queda na parte superior do vaso e aprécianse claramente dúas partes diferenciada, xa que a inferior ten colorante e o aceite non.
Ao  poñer o vaso a quentar, ao principio non pasa nada, pero ao cabo dun anaco, empezan a ascender anacos da mestura inferior hacia a parte superior (o aceite). As "manchas de cor" ascenden ata chegar á superificie, e logo volven descender outra vez, mentras van subiendo outras diferentes, resultando espectáculo moi bonito. Isto sucede sen parar ata que sacamos o vaso da fonte de calor. 

 Conclusións:

O alcol e a auga son líquidos que se mesturan, é dicir, son miscibles. Pero o aceite non se mestura nin coa auga nin co aceite. O alcol é menos denso que o aceite, porque ao verter unhas pingas de alcol no vaso con alcol, o aceite vaise ao fondo do recipiente. Como xa sabemos que o aceite é menos denso que a auga, concluímos que o alcol é o líquido menos denso,  logo síguelle o aceite e o máis denso é a auga. Ao ir vertendo a auga no alcol, a mestura vaise facendo cada vez máis densa e no momento que as pingas de aci¡eite que vertemos ao pincipio empezan a elevarse do fondo do vaso, quere dicir que a mestura é máis densa que o aceite, pero non hai moita diferencia de densidades entre eles. Ao verter logo o resto do aceite, este queda por encima.

Ao poñer a quentar o recipiente, a mestura inferior vaise quentando moito máis ca o aceite que está por arriba. Ao quecer, as súas moléculas sepáranse máis, ocupan máis espazo, e isto fai que a mestura sexa menos densa. No memento en que a aúa densidade se volve inferior á densidade do aceite, empezan a subir, xa que  os líquidos que non se mesturan, o menos denso queda por encima do outro. As "manchas" de color suben ata chegar á superficie, e como aquí se enfrían, volve aumentar un pouquiño a súa densidade , e descenden outra vez. Isto é cíclico mentras haxa unha fonte de calor na parte inferior do vaso.

Para ver máis fotos do experimento, fai clic AQUÍ



 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario