martes, 19 de marzo de 2019

experimento 7/ 2018-19 Construir unha lámpada de lava.



Pregunta:

Como podemos construir unha lámpada de lava, empregando alcol, auga, aceite e colorante?

Hipóteses:

     -mesturando todo simplemente.
    - mesturando todo e facelo quentar ata que ferva.
    - mesturando a auga co colorante primeiro e logo mesturalo co alcol e co aceite.

Experimentación:

  • Materiais:   
 - dous vasos de precipitado.
- un forniño eléctrico.
- unss 10-20 ml se alcol.
-uns 20-40ml de auga
-25-40 ml de aceite.
- un pouco de colorante alimentario.

  • Procedemento:

  1. Botamos a auga nun dos vasos de precipitado, vertémos nel o colorante e mesturamos.
  2. Vertemos o alcol no outro vaso de precipitados. e engadimos logo unhas 3 ou 4 pingas de aceite.
  3. Moi a modiño, imos vertendo a auga co colorante do outro vaso, ata que vexamos que as pingas   de aceite que estaban no fondo do vaso empecen a ascender. É importante que nese momento non sigamos a verter máis auga.
  4. Vertemos o aceite no vaso
  5. Colocamos o vaso a quentar no forniño eléctrico e esperamos....






























  •  Observación:
Ao mesturar o alcol coa auga con colorante, da a sensación que se mestura todo, pero cando engadimos o aceite, este non se mestura, senón que o aceite queda na parte superior do vaso e aprécianse claramente dúas partes diferenciada, xa que a inferior ten colorante e o aceite non.
Ao  poñer o vaso a quentar, ao principio non pasa nada, pero ao cabo dun anaco, empezan a ascender anacos da mestura inferior hacia a parte superior (o aceite). As "manchas de cor" ascenden ata chegar á superificie, e logo volven descender outra vez, mentras van subiendo outras diferentes, resultando espectáculo moi bonito. Isto sucede sen parar ata que sacamos o vaso da fonte de calor. 

 Conclusións:

O alcol e a auga son líquidos que se mesturan, é dicir, son miscibles. Pero o aceite non se mestura nin coa auga nin co aceite. O alcol é menos denso que o aceite, porque ao verter unhas pingas de alcol no vaso con alcol, o aceite vaise ao fondo do recipiente. Como xa sabemos que o aceite é menos denso que a auga, concluímos que o alcol é o líquido menos denso,  logo síguelle o aceite e o máis denso é a auga. Ao ir vertendo a auga no alcol, a mestura vaise facendo cada vez máis densa e no momento que as pingas de aci¡eite que vertemos ao pincipio empezan a elevarse do fondo do vaso, quere dicir que a mestura é máis densa que o aceite, pero non hai moita diferencia de densidades entre eles. Ao verter logo o resto do aceite, este queda por encima.

Ao poñer a quentar o recipiente, a mestura inferior vaise quentando moito máis ca o aceite que está por arriba. Ao quecer, as súas moléculas sepáranse máis, ocupan máis espazo, e isto fai que a mestura sexa menos densa. No memento en que a aúa densidade se volve inferior á densidade do aceite, empezan a subir, xa que  os líquidos que non se mesturan, o menos denso queda por encima do outro. As "manchas" de color suben ata chegar á superficie, e como aquí se enfrían, volve aumentar un pouquiño a súa densidade , e descenden outra vez. Isto é cíclico mentras haxa unha fonte de calor na parte inferior do vaso.

Para ver máis fotos do experimento, fai clic AQUÍ



 

 

domingo, 17 de marzo de 2019

Práctica Laboratorio 9/2018-19. Descompoñer a cor negra.

Pregunta:
De que está formado o negro?

Hipótese: O negro está formado por todas as cores mesturadas.

Materiais.
Papel de filtro
Rotulador negro
Vaso precipitado
Auga
Varilla

Procedemento:
Pintamos unha raia a dous centímetros dun dos extremos dunha tira de papel de filtro.
Botamos auga no vaso de precipitado.
Colocamos a varilla enriba do vaso e colgamos dela o papel, de xeito que toque na auga do fondo.

Observacións:
Vemos como a auga sobe polo papel por capilaridade, vencendo a forza da gravidade, e ao chegar á raia negra vai arrastrando a tinta. Van aparecendo diferentes cores, azul, verde, amarelo, morado...
Vemos que en todos os grupos que facemos a práctica a secuencia de cores é a mesma.

Conclusións:
O negro está formado de varias cores mesturadas que se separan sempre na mesma orde.








Práctica Laboratorio 8/2018-19. Ferver auga nun vaso de papel.



Pregunta: Pódese ferver auga nun vaso de papel?

Hipótese: Non porque o vaso vai arder.

Materiais:
Soporte metálico
Aro metálico
Mechero de alcol
Vaso de papel
Auga


Procedemento:
- Colocamos o aro no soporte metálico e poñemos o vaso.
- Botamos unha pouca de auga no vaso.
- Colocamos o mechero ben centrado debaixo do vaso e acendemos o lume.
- Esperamos ata que quece a auga.

Observacións:
A auga comeza a ferver sen que prenda o lume no vaso. A nosa hipótese é falsa.

Conclusións:
Despois duns breves momentos aparecen unhas burbullas no fondo do vaso que indican que a auga entra en ebullición.
A auga ferve a 100ºC (punto de ebullición) e o papel arde a unha temperatura maior (punto de ignición), por iso ferve a auga antes de qua arda o papel.



viernes, 8 de marzo de 2019

Experimento 4 / 2018-2019. Simulación de aparello respiratorio.


Pregunta:   
Como poderiamos facer para que os globos dentro da botella (pulmóns na cavidade torácica) se inflen e desinflen?



Hipóteses:
Soprando, cunha reacción química empregando vinagre e bicarbonato...



Experimentación:
  • Materais:

         Unha botella de plástico baleira de aproximadamente 2 l.
         2 globos.
         2 palliñas flexibles. 
         Un coitelo.
         Unha luva de látex.
         Cinta adhesiva.
         Plastilina
         Tesoiras

  • Procedemento:  
  1. Cortamos a botella co coitelo algo máis abaixo da metade (empregaremos só a parte superior da botella).
  2. Unimos as dúas palliñas con cinta adhesiva de xeito que queden con forma de  Y.
  3. Introducimos o par de palliñas pola parte cortada da botella, e sacamos pola boca desta a parte das palliñas que está unida, simulando unha tráquea dentro da cavidade torácica.
  4. Abrindo a luva de látex, colocámola na parte aberta da botella. Asegurámola ben con cinta adhesiva, para evitar que por ahí escape aire.
  5. Colocamos un pedazo de plastilina na boca da botella e xunto as palliñas,  procurando que por esa parte tampouco escape aire.
  6. Agarramos a luva pola parte dos dedos e tiramos cara abaixo; logo soltamos e repetimos ambos movementos de forma rítmica.

Observacións:
Ao tirar da luva cara abaixo observamos que os globos se inflan, e ao deixar de tirar volven a desinflarse soltando o aire que había no seu interior. 

Conclusións:
Si é posible inflar e desinflar os globos dentro da botella, simulando o que acontece no aparello respiratorio.
Cando inspiramos o diafragma (luva) contráese e descende, de modo que a cavidade torácica (botella) amplíase e o aire entra nos pulmóns (globos) a través da nariz ou da boca. Na expiración o diafragma reláxase e elévase, de modo que a cavidade torácica disminúe o seu tamaño provocando a saída do aire dos pulmóns cara o exterior.








jueves, 7 de marzo de 2019

Experimento 3 / 2018-2019.

Separación de mesturas heteroxéneas por imantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar area e clips sen tocalos coas mans?

Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar os clips da area sen tocalos se empregan un imán.

Experimentación:

  • Materiais:
        Báscula.
        Placa Petri.
        Imán.
        Area (40g).
        Clips (1g).
        Cubeta.
        Espátula.
  • Procedemento:

  1. Sobre a báscula colocamos a placa Petri e poñemos  a básula a cero (tarar).
  2. Pesamos 50g de area. Retiramos a placa e botamos a area na cubeta.
  3. Colocamos de novo a placa Petri sobre a báscula. A continuación, volvémola a poñer a cero (tarar).
  4. Pesamos 1g de clips. Retirámolos e botámolos na cubeta.
  5. Mesturamos a area e os clips coa espátula.
  6. Pasamos o imán preto da mestura e observamos que os clips son atraídos.
  7. Comprobamos que temos os mesmos gramos de clips que ao comezo.
Observacións:
Observamos que ao aproximar o imán os clips son atraídos polo. 

Conclusións:
O imán atrae ao metal.



 Separación de mesturas heteroxéneas por decantación.


 Punto de partida:
Seremos capaces de separar unha mestura heteroxénea formada por auga e aceite?

 Hipótese:
A hipótese do alumnado é que si poden separar a auga e o aceite empregando unha culler.

Experimentación:
  • Materiais:
        Aceite (100ml).
        Auga (100ml).
        Soporte e aro.
        Pinzas de suxeición.
        Vasos de precipitados.
        Funil de decantación.
  • Procedemento:
  1. En primeiro lugar colocamos o aro no soporte e sobre o aro colocamos o funil de decantación.
  2. Comprobamos que a billa do embude está pechada.
  3. Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
  4. Medimos 100ml de aceite nun vaso de precipitados.
  5. Baleiramos con coidado o aceite no interior do funil.
  6. Medimos 100ml de auga que baleiramos a continuación no embude.
  7. Como a auga e máis densa observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
  8. Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
  9. Abrimos con coidado a billa e vemos como vai saíndo a auga.
Unha variante sería tinguir a auga con colorante.

Observacións:

Observamos que ao mesturar a auga, o aceite sube e a auga baixa.

Conclusións: A auga é máis densa e por iso baixa ao fondo, mentres que o aceite sube debido a que ten menor densidade que a auga. 











Experimento 2 / 2018-2019. Volcán.


Experimentación:

  • Materiais:

Probeta para medir líquidos.
Placa Petri.
Báscula.
Espátula.
Cubeta.
Luvas.
Bicarbonato sódico 10g.
Colorante alimenticio.
Deterxente para a louza 50ml.
Vinagre 10ml.

  • Procedemento:

1. Collemos o vaso de iogur e transformámolo nun cono cubríndoo de plastilina.
2. Depositamos o vaso de iogur coa plastilina (o noso volcán) nunha cubeta para recoller "a lava" durante a erupción.
3. Pesamos 10g de bicarbonato coa báscula de precisión.
4. Vertemos o bicarbonato no noso volcán de plastilina.
5. Medimos 50ml de deterxente e o vertemos no volcán.
6. Botamos 4 pingas de colorante no noso volcán e removemos.
7. Na probeta graduada medimos 100ml de vinagre e o vertemos con coidado no volcán.
8. Observamos como reacciona.

Hipótese:
Antes do paso 7 preguntamos ao alumnado: que acontecerá ao mesturar bicarbonato con vinagre?
Algunha hipótese do alumnado foi: "O volcán entrará en erupción".

Observacións:
Observamos unha reacción química entre o bicarbonato e o vinagre, que fixo moita espuma porque tiña xabón e que sube pola cheminea pouco a pouco ata saír polo cráter e caer pola ladeira do volcán.

Conclusións:
Ao mesturar un ácido (vinagre) cunha base (bicarbonato de sodio)prodúcese unha reacción química e obtemos como resultado un gas, dióxido de carbono (CO2), acetato de sodio e auga. Para completar a práctica investigamos como se produce unha erupción volcánica, cales son as partes do volcán...

https://www.youtube.com/watch?v=BIPwCzbCiwA