domingo, 24 de febrero de 2019

Experimento 6 2018/19- 4º primaria: o globo fakir. Concepto de presión.







  ( Primeiro comprobamos que ao presionar lixeiramente un globo inflado sobre unha chincheta, este explota rapidamente) 



Pregunta:
Que pasará se poñemos un globo enriba desta cama de chinchetas e lle colocomos libros enriba?

Hipóteses:
 - Que vai explotar enseguida.
 - Que non explota instantaneamente, pero vaise ir desinflando. porque perde aire por varios furados ao mesmo tempo.

 Experimentación:

  •     Materais:

       - 2 cartóns cadrados ou rectangulares.
       - Unhas 150-200 chinchetas aproximadamente.
       - 1-3 globos, dependendo das veces que queiramos reproducir o experimento.
       - 4 paus de pinchos morunos, para que o globo se sosteña encima da cama de chinchetas.
       - Varios dicionarios ou outros libros pesados.

     
  • Procedemento:  
Cortamos dous anacos de cartón, coma o da imaxe. Imos cravando nel as chinchetas. Cando estea rematado colocámolo coas puntas hacia arriba.Cravamos os 4 paus nos vértices da cama, de xeito que queden o máis fixados posible. Inframos o globo e colocámolo encima da cama de cravos, con coidado. Despois poñemos o outro cartón enriba. Logo imos colocando os libros enriba do cartón.

Observación:

Colocamos varios dicionarios, e comprobamos que o globo non estoupa. Dependendo do grupo que realiza o experimento, fai falla colocar de 8 ata 11dicionarios ben pesados para conseguir que o globo estoupe.

Conclusión:
Cando colocamos un globo enriba de unha soa chincheta, o peso deste concéntrase nun só punto, que é a punta da chincheta; pero se o colocamos enriba da cama de chinchetas o peso do globo repártese entre tantos puntos coma chinchetas hai, por iso non só soporta o peso do globo, senón o peso de varios libros que lle poñemos enriba. Isto é a presión, que é a forza que se aplica en cada anaco de superficie de contacto. Ao facelo só cunha chincheta, a superficie de contacto é moi pequena, e a presión que se exerce é moi grande, mentras que se hai moitas chinchetas, a presión que se exerce é moito máis pequena, e precísase colocar moito peso enriba do globo para conseguir que este estoupe.

Se queres ver máis fotos, fai clic AQUÍ


Fai clic sobre o vídeo se queres ver o experimento completo
 

domingo, 17 de febrero de 2019

Práctica de Laboratorio 7/2018-19. CAPILARIDADE


 

Pregunta:

Pode a auga ir cara arriba? 

Comprobaremos cunha práctica moi sinxela que a auga pode desafiar á gravidade.

Materiales

  • Tres vasos de precipitado de igual tamaño
  • Papel de cociña
  • Auga
  • Colorante alimentario

Procedemento

Enchemos os vasos de precipitado con auga ata a metade.
Mesturamos a auga dun vaso con colorante azul e a do outro con colorante amarelo.
Dobramos o papel de cociña varias veces ao longo, facendo un tubo.
Colocamos os tres vasos en fila, o baleiro no medio, e poñemos un extremo do papel nos vasos con colorante e o outro no do medio.

Observacións 

A auga coloreada sube polo papel e cae no vaso central, mesturándose a dos dous vasos e tomando unha cor verde, ata igualarse o volume nos tres recipientes.

Explicación

Esto sucede pola capacidade que teñen os líquidos de ascender en contra da gravidade a través dos pequenos poros que ten o papel. Esta capacidade chámase capilaridade e permítelles ás plantas  transportar a auga cos nutrientes dende as raíces ata as follas.

 

Práctica Laboratorio 6/2018-19. CAMBIOS DE ESTADO. A formación das nubes.

Como se forman as nubes?


A nube na botella
Para entendelo imos tentar crear unha nube dentro dunha botella.

Materiais
Unha botella de vidro ou de plástico.
Alcol 40ml
Unha rolla de cortiza perforada
Un inflador dunha bicicleta

Procedemento
Botamos o alcol na botella asegurándonos de que sexa suficiente para cubrir o fondo. Tamén se podería facer con auga, pero tardariamos máis tempo.
Movemos a botella para que o alcol cobra as paredes.
Tapamos coa rolla previamente perforada.
Atravesamos o tapón coa agulla do inflador e metemos aire dentro da botella.
Cando sacamos o tapón fórmase unha nube dentro da botella.

Conclusións

O aire que hai dentro da botella arrefía cando baixa a presión e condénsase. Este é o mesmo principio que actúa na formación das nubes. O vapor de auga condénsase ao subir ás capas altas da atmósfera donde a presión é menor.






jueves, 14 de febrero de 2019

Estación meteorolóxica para o Club de Ciencias

Acabamos de recibir a estación meteorolóxica. Unha nova adquisición para o Club de Ciencia.
Está instalada na fachada principal do centro e xa empezamos a observar os datos rexistrados.
É unha ferramenta moi interesante coa que estamos comezando a traballar.




domingo, 3 de febrero de 2019

Práctica laboratorio 5/2018-19. CAMBIOS DE ESTADO. Determinación do punto de fusión do naftaleno.


O naftaleno é un sólido branco que se emprega como repelente (entre outros usos) e ten un olor moi característico.
Materiais:
  • Tubo de ensaio
  • Vaso de precipitados
  • Espátula
  • Termómetro
  • Soporte universal
  • Pinzas
  • Placa calefactora


Procedemento:
Engadimos con axuda dunha espátula naftaleno no fondo do tubo de ensaio. A continuación metemos o tubo no vaso de precipitados con auga de xeito que a auga cubra toda a altura do naftaleno (imos quentar en baño María). O termómetro o introducimos no naftaleno para poder saber a temperatura do produto a cada instante. Comezamos a quentar o vaso de precipitados cando temos toda a montaxe feita e observamos o que lle sucede ó naftaleno. Cando nos aproximamos ós 80ºC obsérvase un líquido incoloro e a temperatura deixa de subir por uns segundos. Cando xa non queda nada en estado sólido o termómetro empeza a subir de novo.


Que é ese líquido incoloro?
O líquido é naftaleno en estado líquido, é dicir, pasamos o naftaleno de sólido a líquido, fixemos a fusión do naftaleno e dita fusión sucedeu ós 80ºC. Algo moi importante que aprendemos nesta práctica é que mentres se está producindo o cambio de estado, é dicir, mentres o naftaleno se está fundindo, a temperatura non cambia!!! 
Isto mesmo sucede mentres o xeo se funde, por exemplo.
Unha vez fundido todo o naftaleno o retiramos do vaso de precipitados e vemos que cando a temperatura do termómetro alcanza de novo os 80ºC volve a aparecer o sólido branco, é dicir, esta vez pasamos de líquido a sólido. Este proceso chámase solidificación.

Por tanto a fusión e a solidificación suceden á mesma temperatura, no primeiro caso temos que quentar e no segundo arrefriar pero mentres os cambios de estado están sucedendo a temperatura NON CAMBIA, NIN AUMENTA NIN DIMINÚE.







Práctica laboratorio 4/2018-19. CAMBIOS DE ESTADO. Sublimación do Iodo



 Que sucede cando quentamos o iodo?


Materiais:

  • Vaso de precipitados
  • Vidro de reloxo
  • Placa calefactora
  • Iodo
  • Espátula
  • Gafas de seguridade




Procedemento:

Botamos cunha espátula unhas boliñas de iodo nun vaso de precipitados e tapamos cun vidro de reloxo. Quentamos o vaso coa axuda dunha placa calefactora. Axiña observamos que se forman uns vapores de cor violeta e desaparecen as boliñas de iodo. A continuación retiramos o vaso de precipitados da placa calefactora e observamos o que sucede. Axiña nos decatamos que na parte interna do vidro de reloxo aparecen unhas pequenas agullas.

Que son estas agulliñas?

É de novo iodo en estado sólido.

Por tanto fixemos dous cambios de estado. En primeiro lugar pasamos iodo (en estado sólido) a gas (vapores de cor violeta) é dicir, fixemos unha sublimación e o arrefriar volvemos a pasar o iodo gas a sólido, é dicir, tivo lugar o proceso inverso que se chama sublimación inversa ou regresiva.