viernes, 26 de marzo de 2021

A botella fumadora. Práctica sobre as consecuencias do tabaquismo ( 3ºESO)




A BOTELLA FUMADORA
Queres saber como quedarían os teus pulmóns se fumases un cigarro?



Introdución teórica

O tabaquismo é un problema de saúde que afecta a milleiros de persoas no noso país. Se se analiza o fume dun cigarro, pódense atopar máis de 4000 substancias químicas distintas (si, liches ben, 4 000). Pola súa incidencia e efectos dentro destas substancias destacan o alcatrán, a nicotina e o monóxido de carbono. Fumar un só cigarro pode ter consecuencias para a túa saúde. A continuación demostrámolo cun sinxelo experimento!


Materiais

  • Un cigarro
  • Botella de plástico grande con auga
  • Chisqueiro
  • Algodón
  • Plastilina
  • Tesoiras
  • Coitelo
  • Tina 


Procedemento

  • Meter auga nunha botella grande e esta colocala dentro dunha tina baleira
  • Furar o tapón da botella cun orificio axustado ao diámetro do cigarro
  • Colocar o cigarro no tapón da botella axustándoo con plastilina para que non poida entrar nen saír aire.
  • Colocar o algodón debaixo do tapón e pechar a botella enroscando o tapón co cigarro.
  • Prender o cigarro co chisqueiro.
  • Pinchar a botella coas tesoiras para que comece a saír auga (este paso é esencial para que se xere unha presión negativa dentro da botella, o cal simula a acción de succión do fumador ou fumadora ao inhalar o fume do tabaco dentro dos pulmóns).
  • Deixar que se consuma o cigarro ata o final
  • Retirar o algodón e observar os resultados

Resultados

Tras analizar o algodón, compróbase que este está totalmente manchado polo alcatrán do cigarro. 


Conclusións

Posto que o algodón representa os alveolos pulmonares, se se extrapolan estes resultados podemos concluír que fumar un só cigarro ten un gran impacto na nosa saúde pois deixa substancias dentro do noso corpo que tardarán en ser eliminadas moito tempo.



No seguinte vídeo podedes ver o experimento.


 

Cadernos de naturalista. Secundaria ( 1ºESO e 4ºESO A)

 CADERNOS DE NATURALISTA


O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía (1ºESO e 4ªESO A) está a realizar de xeito individual un caderno de debuxo con especies de fauna e flora autóctona representativa de Galiza. 


O obxectivo deste proxecto é coñecer a flora e fauna da nosa contorna partindo da premisa de que non se pode conservar aquilo que se descoñece. Por tanto, o caderno de debuxo é unha aproximación ao mundo do naturalismo e a Bioloxía que invita a querer seguir aprendendo sobre os seres vivos que nos rodean e aos que tanto lle debemos.

Cada semana o caderno amplíase con 4 novas especies. A  día de hoxe xa superamos as 50 especies autóctonas! 

Recóllese a seguinte información:

  • Nome común en galego
  • Nome científico en latín
  • Características anatómicas, distribución, etoloxía, alimentación, estado de conservación e outros trazos distintivos da especie
  • Debuxo da especie
A continuación deixamos como exemplo algunhas  fichas do caderno de campo do alumnado. 

Debido ao Protocolo Anti-COVID19 non se poderá facer unha exposición no centro como este proxecto merecería, polo que agardamos que esta mini-exposición virtual consiga transmitir toda a arte e rigor científico recollidos nestes cadernos. Parabéns ás artistas!



































PRÁCTICA sobre Electrolise. 2ºESO

 

Electrolise

 

No mes de decembro estivemos estudiando as sustancias puras. Probamos como se poden separar compostos nos elementos que os compoñen empregando métodos químicos, coma a electrolise.

 

Materiais

- Unha pila de 9V

- Un recipiente de plástico

- Dous tubos de plástico

- Dous cables

- Dous parafusos

- Auga

- Bicarbonato de sodio

 

Procedemento

 

Unimos cada cable cun tornillo. Disólvese unha culler de bicarbonato na auga e bótase esta no recipiente de plástico. Énchense tamén os tubos de plástico e póñense con coidade ao revés de xeito que quede un tornillo dentro de cada tubo. Unha vez colocados conéctanse os cables á pila suxeitándoos cun pouco de celo.

 

Observación

Empeza a verse sair burbullas de cada parafuso. Nas seguintes fotos vese como foi o proceso.






Explicación


A corrente eléctrica ó pasar pola auga fai que esta se separe nos seus componentes, hidróxeno e osíxeno. Así as burbullas que aparecen no tornillo conectado coa parte negativa da pila corresponden ao gas hidróxeno e as da parte positiva ao oxígeno.












PRÁCTICA sobre Método Científico. Como facer que flote un ovo en auga? 4ESO B

 

 

Método científico. Como facer que flote un ovo en auga

 

Este mes de outubro estivemos estudiando o método científico. Para aplicalo plantexámonos o problema de se un ovo flota en auga doce e se flota en auga con sal.


Materiais

- Dous vasos

- Dous ovos

- Auga

- Sal

 

Procedemento

 

Formulamos as nosas hipóteses e pasamos a deseñar o experimento para comprobar se as hipóteses son certas ou non. Pensamos que o ovo non vai flotar na auga doce e que sí flotará na auga salgada.

Enchemos os dous vasos con auga. Nun deles disolvemos unha boa cantidade de sal. Botamos un ovo en cada vaso e vemos que pasa.

 

Observación

O ovo metido no vaso con auga salgada flota mentras que o outro vai ao fondo.

Aquí van algunhas fotos das probas que fixemos:









Explicación

O ovo ten mais densidade ca auga doce por eso flota. Sen embargo, o engadir sal á auga facemos que suba a sua densidade chegando a ser maior ca do ovo e polo tanto este flotará.

Se fas click na foto podes ver un vídeo que fixo un dos participantes explicando o experimento





                                            Pincha aquí para ver o vídeo da práctica!