martes, 13 de marzo de 2018

Experimento 8/2018.- A fonte

Materiais:
  1. Globo
  2. Auga (400ml)
  3. Colorante alimenticio
  4. Botella plástico (500 ml)
  5. Palliña 
  6. Cubeta
  7. Tesoiras
  8. Pistola cola termofusible 
  9. Cola termofusible
Preguntas: 
  • Se aumentamos a presión de auga no interior dunha botella, a auga sairá impulsada?
Hipótese:
  • Queremos impulsar un líquido para que saia a través dunha palliña, sen utilizar unha bomba que a impulse. 
  • Poderíamos usar a presión do aire contido nun globo?
  • Ese aire sería capaz de impulsar a auga para que saia pola palliña?
Experimentación:
  • A unha botella de plástico, facémoslle un burato do tamaño da palliña, a 3/4 da altura da botella.
  • Introducimos a palliña, na botella por ese burato, deixando a parte flexible fóra.
  • Selamos a unión con cola termofusible para impedir escapes de aire e de auga.
  • Coloreamos a auga con colorante alimenticio e introducímola na botella.
  • Baixo a palliña colocamos unha cubeta, que recollerá a auga sainte.
  • Inchamos o globo e colocámolo na boca da botella.
  • Vemos o que ocorre.
Conclusións:
  • A botella está chea de auga pero tamén contén aire.
  • O aire ocupa un espazo, e exerce presión sobre as paredes da botella e sobre a auga.
  • A presión que exerce o aire dentro da botella aberta, e a mesma que a presión atmosférica.
  • Se inchamos un globo, o aire no interior ten unha maior presión que a atmósfera, e intenta saír rápidamente, xa que no exterior ten máis espazo  e os gases móvense de zonas de maior presión a zonas de menor presión.
  • Ao colocar o globo sobre a botella o aire sairá exercendo presión sobre a auga, e como os dous non poden ocupar o mesmo espazo, a auga é impulsada cara ao exterior a través da única saída, o burato da palliña, pola presión exercida polo aire do globo.
  • Se apretamos o globo, a auga sairá con máis forza.
  • Se poñemos unha pinza, deixará de fluír a auga.









No hay comentarios:

Publicar un comentario