martes, 13 de marzo de 2018

Experimento 7/2018.- Como inchar un globo sen soprar?

Pregunta: Seremos capaces de inchar un globo sen soprar?
Hipótese:
Que ocorre ao mesturar bicarbonato e vinagre?
Na sesión anterior, no experimento do volcán, observamos a reacción que se produce entre o vinagre e o bicarbonato "efervescencia" (unha especie de burbullas que soan)
Con este experimento, observaremos que esas burbullas son un gas,  pois ao expandirse (ocupar máis espazo) serán quen de inflar un globo.

Materiais:

  • Unha báscula
  • Unha probeta para medir líquidos.
  • Unha placa de Petri
  • Un funil
  • Unha botella de auga de plástico ou vidro baleira (se é de vidro con boca estreita)
  • Un globo
  • Vinagre 100ml
  • Bicarbonato  10 g
Experimentamos

  • En primeiro lugar  medimos coa axuda dunha probeta 100 ml de vinagre, e vertémolos na botella de plástico.
  • A continuación pesamos 10 gramos de bicarbonato, na placa de Petri e coa axuda dun funil, baleirámolos no globo.
  • Con cuidado, suxeitamos o globo na boca da botella, asegurándonos de que quede ben suxeito.
  • Baleiramos dentro dela o contido do globo.
Explicación: A reacción química entre o vinagre (ácido acético) e o bicarbonato (NaHCO3) produce un gas - Dióxido de Carbono (CO2).
Ao ser un gas as súas moléculas están máis separadas, ocupan máis espazo (expándense) e empurran as paredes do globo, inchándoo. 
Conclusións:
O Dióxido de Carbono son as burbullas que observamos. Xéranse na reacción.









No hay comentarios:

Publicar un comentario