Materiais:
Conclusións:
- Globo
- Auga (400ml)
- Colorante alimenticio
- Botella plástico (500 ml)
- Palliña
- Cubeta
- Tesoiras
- Pistola cola termofusible
- Cola termofusible
Preguntas:
- Se aumentamos a presión de auga no interior dunha botella, a auga sairá impulsada?
Hipótese:
- Queremos impulsar un líquido para que saia a través dunha palliña, sen utilizar unha bomba que a impulse.
- Poderíamos usar a presión do aire contido nun globo?
- Ese aire sería capaz de impulsar a auga para que saia pola palliña?
Experimentación:
- A unha botella de plástico, facémoslle un burato do tamaño da palliña, a 3/4 da altura da botella.
- Introducimos a palliña, na botella por ese burato, deixando a parte flexible fóra.
- Selamos a unión con cola termofusible para impedir escapes de aire e de auga.
- Coloreamos a auga con colorante alimenticio e introducímola na botella.
- Baixo a palliña colocamos unha cubeta, que recollerá a auga sainte.
- Inchamos o globo e colocámolo na boca da botella.
- Vemos o que ocorre.
- A botella está chea de auga pero tamén contén aire.
- O aire ocupa un espazo, e exerce presión sobre as paredes da botella e sobre a auga.
- A presión que exerce o aire dentro da botella aberta, e a mesma que a presión atmosférica.
- Se inchamos un globo, o aire no interior ten unha maior presión que a atmósfera, e intenta saír rápidamente, xa que no exterior ten máis espazo e os gases móvense de zonas de maior presión a zonas de menor presión.
- Ao colocar o globo sobre a botella o aire sairá exercendo presión sobre a auga, e como os dous non poden ocupar o mesmo espazo, a auga é impulsada cara ao exterior a través da única saída, o burato da palliña, pola presión exercida polo aire do globo.
- Se apretamos o globo, a auga sairá con máis forza.
- Se poñemos unha pinza, deixará de fluír a auga.