martes, 30 de mayo de 2017

8º experimento: "A fonte"

Materiais:
  1. Globo
  2. Auga (400ml)
  3. Colorante alimenticio
  4. Botella plástico (500 ml)
  5. Palliña 
  6. Cubeta
  7. Tesoiras
  8. Pistola cola termofusible 
  9. Cola termofusible
Preguntas: 
  • Se aumentamos a presión de auga no interior dunha botella, a auga sairá impulsada?
Hipótese:
  • Queremos impulsar un líquido para que saia a través dunha palliña, sen utilizar unha bomba que a impulse. 
  • Poderíamos usar a presión do aire contido nun globo?
  • Ese aire sería capaz de impulsar a auga para que saia pola palliña?
Experimentación:
  • A unha botella de plástico, facémoslle un burato do tamaño da palliña, a 3/4 da altura da botella.
  • Introducimos a palliña, na botella por ese burato, deixando a parte flexible fóra.
  • Selamos a unión con cola termofusible para impedir escapes de aire e de auga.
  • Coloreamos a auga con colorante alimenticio e introducímola na botella.
  • Baixo a palliña colocamos unha cubeta, que recollerá a auga sainte.
  • Inchamos o globo e colocámolo na boca da botella.
  • Vemos o que ocorre.
Conclusións:
  • A botella está chea de auga pero tamén contén aire.
  • O aire ocupa un espazo, e exerce presión sobre as paredes da botella e sobre a auga.
  • A presión que exerce o aire dentro da botella aberta, e a mesma que a presión atmosférica.
  • Se inchamos un globo, o aire no interior ten unha maior presión que a atmósfera, e intenta saír rápidamente, xa que no exterior ten máis espazo  e os gases móvense de zonas de maior presión a zonas de menor presión.
  • Ao colocar o globo sobre a botella o aire sairá exercendo presión sobre a auga, e como os dous non poden ocupar o mesmo espazo, a auga é impulsada cara ao exterior a través da única saída, o burato da palliña, pola presión exercida polo aire do globo.
  • Se apretamos o globo, a auga sairá con máis forza.
  • Se poñemos unha pinza, deixará de fluír a auga.



lunes, 22 de mayo de 2017

7º experimento .- Plastilina condutora, circuítos eléctricos

Materiais:

  1. 100 ml fariña
  2. 100 ml auga
  3. 2 culleradas de sal
  4. 1 cullerada de aceite
  5. Zume de 2 limóns
  6. Colorante alimentario
  7. 4 pilas de 1,5 voltios
  8. 1 portapilas
  9. LEDs de cores
Preguntas: 
Despois de comprobar que existen materiais que permiten o paso da corrente eléctrica (condutores) e outros que non a deixan pasar (illantes):
 Nós poderíamos crear un material que permita o paso da corrente eléctrica e que poidamos manipular e modificar?
Un material que os nenos e nenas podemos manipular facilmente e darlle diferentes formas é a plastilina. Comprobamos que a plastilina comercial non conduce a electricidade.
Poderíamos nós fabricar plastilina que conduza a corrente eléctrica?

Hipótese:

  • Todas as plastilinas son condutoras?
  • Que elementos poderíamos engadir á plastilina para convertila en condutora?
  •  Se engadimos sal? (pois no experimento anterior vimos que a auga salgada conduce a electricidade)
  • Se engadimos o zume do limón? (pois vimos que podíamos xerar corrente eléctrica con el e que tamén conduce a electricidade)
  • Podemos entón montar circuítos eléctricos?
Experimentación:

  • Mesturamos a auga, a fariña, o colorante, o zume do limón e engadimos o sal e o aceite .
  • Quentamos nun cazo a lume baixo para que a mestura colla consistencia  e espese, sen queimarse.
  • Cando a masa despega do fondo e colle forma de bola ao remover, podemos retirala e deixala enfriar sobre unha táboa de cociña.
  • Cando estea fría amasaremos cunha pouca máis de fariña ata que non se pegue nas nosas máns.
  • Está lista para montar os nosos circuítos.
Montamos circuítos simples (un só LED) conectando os polos da pila, un a cada anaco de plastilina condutora. Cando inserimos o LED na plastilina vemos que se acende, pola contra na plastilina comercial non.
Probamos cun zoador e cun motor, tamén funcionan.
Montamos circuítos en paralelo e tamén en serie.
Conclusións:
Se os anacos de plastilina condutora, se xuntan ou se tocan producirase un cortocircuíto. Isto evitarémolo se poñemos un anaco de plastilina illante entre os anacos de plastilina condutora.
A plastilina é condutora grazas ao zume do limón e o sal.
O aceite facilita a plasticidade da mestura.




6º experimento.- Un densímetro caseiro

Materiais:

  1. Unha palliña de refresco
  2. Plastilina
  3. Cravos
  4. Tesoiras
  5. Rotulador permanente
  6. Auga
  7. Sal 
  8. Probeta graduada






Pregunta: Como podemos medir as densidades de diferentes líquidos?

Hipótese:

Experimentación:

Conclusións:

5º experimento.- Pila con limóns, laranxas, auga salgada, patacas...



Materiais: 

  • 5 limóns
  • 5 patacas
  • 5 laranxas
  • 5 botes con auga salgada
  • 5 chapas de cobre
  • 5 chapas de zinc
  • 6 cables con pinzas de crocodilo
  • LEDs
  • Polímetro
Pregunta
Se as pilas comerciais producen enerxía eléctrica mediante métodos químicos, nós poderiamos simular no laboratorio unha pila (batería) para demostrar que unha reacción química pode producir corrente eléctrica?
Experimentación:
A estrutura básica dunha pila son os polos, bornes ou electrodos que serán as chapas de cobre e zinc. Un deles (zinc) será o ánodo  ou polo negativo(-), e o cobre será o cátodo  ou polo positivo (+), que serán introducidos nunha disolución condutora da electricidade (limón, pataca, laranxa ou auga salgada) que será o chamado electrolito.
Tecnicamente: 
  1. Ocorre a oxidación no ánodo (zinc) Zn⇒Zn2 + 2e-  (libera electróns)
  2. Prodúces a redución no cátodo , xa que se reducen os ións de hidróxeno presentes no zume do limón 2H+2e- ⇒ H2
A corrente producida cun só limón é insuficiente, por iso necesitamos conectar varios limóns en serie.

A voltaxe tamén depende da acidez dos limóns ou saturación da auga salgada, e do tamaño das chapas.

martes, 16 de mayo de 2017

4º experimento.- Líquidos non miscibles (Concepto de densidade)

Materiais:


  1. Xabón líquido ou deterxente para a louza (20 ml)
  2. Mel (20 ml)
  3. Aceite de xirasol (20 ml)
  4. Aceite de oliva
  5. Alcohol (20 ml)
  6. Auga (20 ml)
  7. Colorante alimenticio
  8. Parafuso, moeda, zanahoria, tapón de plástico, anaco de cortiza, anaco porexpan (poliestireno expandido), anaco de madeira, anaco de aluminio..
  9. Probeta graduada.
  10. Vaso de precipitados (para colorear a auga e o alcohol)





Pregunta:
Con diferentes líquidos que podemos atopar na casa, podemos observar que a densidade é unha propiedade característica  de cada sustancia, e que é a relación entre a cantidade de masa nun volume determinado.

  • A simple vista podemos determinar a densidade?
  • Cal é  o líquido máis denso? e o menos denso? E os materiais, cales son os máis densos?

Hipótese:
Se os obxectos menos densos que a auga aboian, entón un líquido menos denso, aboiará sobre outro máis denso.
Imos colocar diferentes líquidos coloreados, non miscibles e de diferentes densidades nunha probeta gradudada, e veremos como se distribúen.

Experimentación:

  • Imos vertendo pouco  a pouco 20 ml dos diferentes líquidos, comezando polo que cremos máis denso (o mel), a continuación o deterxente para a louza, despois a auga, logo o aceite e por último o alcol coloreado. Observaremos como se van ao fondo os máis densos e flotan os menos densos.
  • Debemos ter especial coidado co xabón e a agua, de que non fagan espuma.
  • Como o alcol é incoloro, igual que a auga, tinguirémolo con colorante alimenticio para diferencialo.
  • Despois deixamos caer os obxectos  dentro da probeta e observamos o que ocorre.
  • Debemos ter coidado ao engadir os líquidos viscosos, que non se pequen ás paredes da probeta. E os menos viscosos,como a auga, vertelos pegados á parede para que non faga espuma co xabón líquido.
Conclusións:

  • O aceite por ser viscoso, críamolo máis denso que a auga, en contra do que pensabamos ao comezo, aboia sobre a agua.
  • Obtemos unha serie de bandas ou capas na probeta, onde cada líquido menos denso aboia sobre o máis denso e sitúase debaixo do menos denso.
  • Os obxectos afundense ata atopar un líquido de maior densidade que a do obxecto.
  •  Unha vez rematado o experimento, ordena os elementos empregados de menor a  maior densidade.
  • Na imaxe podemos observar como a madeira aboia, no alcol sen asomar sobre a superficie, mentres que o porexpan flota totalmente.
  • O tapón de plástico, aboia sobre a auga pero non sobre o alcol.
  • O anaco de aluminio vaise ao fondo a pesar de ser un metal moi lixeiro.

martes, 9 de mayo de 2017

Proxecto "os pitiños" Incubar ovos fecundados

Materiais:
  • Incubadora automática
  • Auga
  • Ovos fecundados de distintas razas autóctonas de galiñas.

Preguntas:
  • Como se fecundan os ovos?
  • Por qué non saen pitiños de todos os ovos fecundados?
  • Fecúndanse os ovos de 2 xemas?
  • Que ocorre durante a incubación destes ovos de 2 xemas?
  • Cabe o  pito dentro do ovo? E se son ovos de 2 xemas, caberían dous pitos?
  • Poderíamos nós, obter pitiños na clase, sen que os incube a galiña?

Hipótese:
  • Sairán 2 pitiños dos ovos de 2 xemas?
  • Cunha máquina que proporcione calor, humidade e movemento, (que simule a galiña nai), podemos obter pitiños de ovos fecunados?

Experimentación:

Durante a investigación descubrimos que:
  • O período de incubación dos ovos de diferentes tipos de galiña é de 21 días.
  • Que inflúe o momento da fecundación do ovo, e os pitiños non nacerán todos xuntos.
  • Que debemos colocalos na incubadora, coa parte máis puntiaguda do ovo  cara abaixo.
  • A temperatura dentro da incubadora deberá ser de 37.6ºC ata o día 19 de incubación.
  • O grao de humidade será do 66%
  • Cada 2 horas, as bandexas de ovos oscilan -30º a +30º.
  • Ao cabo dunha semana, cunha lanterna, podemos comprobar se hai embrión dentro do ovo.
  • A temperatura a partir do día 19 diminúese ata 37.2ºC


Conclusións:
  • Un dos principais problemas que nos xurdiron foron os cortes no suministro eléctrico, que provocou que a temperatura non se mantivese no interior da incubadora, polo que tivemos que facer varios intentos de incubación.
  • Descubrimos que hai que colocar os ovos coa punta cara abaixo, para que quede unha cámara de aire na parte superior, por onde respiran os pitiños.
  • Averiguamos, que dende o primeiro día, o sistema circulatorio do pitiño está en funcionamento, e a cabeza comeza a tomar forma.
  • Ao 5º día fórmanse os órganos sexuais.
  • Ao 13º día, comeza a calcificarse o esqueleto, empregando a cáscara do ovo.
  • Aos 21 días o pitiño está completamente desenvolvido e comezará a romper a casca do ovo, este proceso pode levar entre 10 e 20 horas.
  • Descubrimos que non se pode quitar a casca, debe ser un proceso natural, xa que podemos romper o cordón umbilical dos pitiños. 
  • Vimos que os pitiños se canto escoitan un son (a nosa voz) síguena, e o proceso de rotura da casca é mais rápido.
  • Preguntando a expertos, averiguamos que nos ovos fecundados de 2 xemas, é moi difícil que a súa xestación sexa exitosa, excepcionalmente lograrase só un dos dous pitiños.