Martes 18 de febreiro de 2020
Pode a auga ir cara arriba?
Comprobaremos cunha práctica moi sinxela que a
auga pode desafiar á gravidade.
Materiais
-
Tres vasos de precipitado de igual tamaño
-
Papel de cociña
-
Auga
-
Colorante alimentario
Procedemento
Enchemos os vasos de precipitado con auga ata a
metade.
Mesturamos a auga dun vaso con colorante azul e a
do outro con colorante amarelo.
Dobramos o papel de cociña varias veces ao longo,
facendo un tubo.
Colocamos os tres vasos en fila, o baleiro no
medio, e poñemos un extremo do papel nos vasos con colorante e o
outro no do medio.
Observacións
A auga coloreada sube polo
papel e cae no vaso central, mesturándose a dos dous vasos e tomando
unha cor verde, ata igualarse o volume nos tres recipientes.
Explicación
Esto sucede pola capacidade que teñen os líquidos
de ascender en contra da gravidade a través dos pequenos poros que
ten o papel. Esta capacidade chámase capilaridade e
permítelles ás plantas transportar a auga cos nutrientes
dende as raíces ata as follas.