lunes, 6 de abril de 2020

Aprendemos con...lacasitos!!!


Experimentando con densidades
  1. Materiais
  • Tapas
  • Auga
  • Lacasitos de diferentes cores
  1. Procedemento
Enchemos as tapas de auga e poñemos nunhas un lacasito no centro e noutras catro lacasitos cerca do borde separados uns doutros.
  1. Observacións 
Observamos e vemos como pouco a pouco a capa de cor vaise disolvendo. Nas tapas cun lacasito a cor vai cara aos bordes e nas outras vemos como a cor tamén se vai separando do lacasito, pero non se chegan a mesturar, fórmase unha barreira.
  1. Explicación
Vimos que tanto a cor como o azucre disólvense na auga e aumenta a densidade cerca do lacasito, orixínase así unha corrente da zona máis densa ás menos densas.
No caso da tapa onde hai máis lacasitos fórmase unha fronteira porque cada cor ten a mesma densidade de azucre e por iso se frena a corrente que expande a cor.

lunes, 2 de marzo de 2020

Capilaridade


                                                        Martes 18 de febreiro de 2020              

Pode a auga ir cara arriba? 

Comprobaremos cunha práctica moi sinxela que a auga pode desafiar á gravidade.

Materiais

  • Tres vasos de precipitado de igual tamaño
  • Papel de cociña
  • Auga
  • Colorante alimentario

Procedemento

Enchemos os vasos de precipitado con auga ata a metade.
Mesturamos a auga dun vaso con colorante azul e a do outro con colorante amarelo.
Dobramos o papel de cociña varias veces ao longo, facendo un tubo.
Colocamos os tres vasos en fila, o baleiro no medio, e poñemos un extremo do papel nos vasos con colorante e o outro no do medio.

Observacións 

A auga coloreada sube polo papel e cae no vaso central, mesturándose a dos dous vasos e tomando unha cor verde, ata igualarse o volume nos tres recipientes.

Explicación

Esto sucede pola capacidade que teñen os líquidos de ascender en contra da gravidade a través dos pequenos poros que ten o papel. Esta capacidade chámase capilaridade e permítelles ás plantas  transportar a auga cos nutrientes dende as raíces ata as follas.













Felicitacións luminosas



           
                                                                Martes 4 de febreiro de 2020

Felicitacións luminosas
Empregando os materiais que aparecen a continuación imos facer tarxetas de felicitación .


Materiais
Cartolina de cores
Pegamento
Tesoiras
Rotuladores
Plantillas de diferentes motivos (reno, árbore, dinosauro)
Cinta de cobre
Leds
Pila de botón

Procedemento
Eliximos un debuxo e marcámolo na cartolina, recortamos e pegamos segundo o modelo escollido.
Unha vez rematada a parte artística, colocamos a cinta de cobre seguindo o percorrido dende a a pila ata o led, procurando que a cinta vaia sen empates.
Colocamos o led no lugar apropiado e a pila ao ao principio do circuíto. Comprobamos que a corrente circula pola cinta e se acende o led.





                        


Circuítos eléctricos


                                                                      Martes 21 de xaneiro de 2020
Hoxe facemos... un circuíto eléctrico!
Un circuíto eléctrico é o percorrido da corrente eléctrica dende unha pila ata unha bombilla a través dun cable. O interruptor serve para cortar o paso da corrente e apagar a bombilla cando desexemos.

Materiais

    • Unha bombilla
    • Un portalámpadas
    • Unha batería
    • Cables
    • Interruptor
    Procedemento
    • Corta dous pedazos de cable e retira uns centímetros da funda de plástico dos extremos, así podemos sacar o arame, que será o que vai conectado tanto á batería como ao portalámpadas e ao interruptor.
    • Conecta os extremos dun dos cables aos polos da batería e os outros extremos ao interruptor.
    • Só nos quedará conectar o interruptor coa bombilla co cable restante para poder acender e apagar cando desexemos.
    • Neste punto, para probar o funcionamento correcto do circuíto, simplemente pulsa o interruptor, se a bombilla se acende... todo está correcto!