martes, 24 de abril de 2018

Experimentos 4º primaria.- EXPLOSIÓN DE ENERXÍA NUNHA REACCIÓN EN CADEA

Hoxe veremos como se acumula a enerxía elástica nunha goma e se libera en forma de enerxía cinética (=que é a que provoca o movemento)
Montaremos un circuíto co que provocaremos unha explosión de enerxía cinética creando una reacción en cadea.
Materiais:
  • Gomas elásticas
  • Pezas de construcción de madeira de igual tamaño
  • Pauíños de madeira de manualidades (grandes)
  • Pompóns, pelotas de ping pong, gomas de cores, etc.
Crea unha reacción en cadea
Coloca un cubo entre dous pauíños de madeira. Une os dous pauíños polos seus dous extremos con dúas gomas elásticas. Repite agora co outro cubo entre dous pauíños de madeira, unidos pola goma elástica agora só por un dos sus extremos. Os extremos que quedan libres debes enganchalos entre os da primera peza.   Repite ata que se che acaben as pezas ou a paciencia!  Coloca diferentes obxectos (pompóns, pelotas de ping-pong, gomiñas de cores, etc) sobre as pezas de madeira. Solta a goma extra que engadiras á primeira peza e observa como se produce unha “explosión” de pauíños e gomas de cores.
Por   que ?
Cando unimos os pauíños coas gomas elásticas estamos creando unha tensión na goma e acumulando enerxía elástica. Ao soltar a goma,  libérase esta enerxía que se converte en enerxía cinética, que é a que produce o movemento en cadea: ao soltar a primeira goma, o pauíño sae disparado, liberando a segunda goma e o seguinte pauíño e así ate chegar ao final da cadea.





Algúns apuntamentos que nos poden axudar…
Enerxía elástica:
As gomas elásticas están formadas por longas cadeas de moléculas enroladas formando unha especie de rede.
Cando estiramos a goma, as moléculas desenrólase e colócanse en línea unhas xunta as outras.
A enerxía que utilizamos para estirar a goma, acumúlase nela e forma ENERXÍA POTENCIAL ELÁSTICA. Cando soltamos a goma, as moléculas recuperan a súa forma inicial, enrolándose de novo.  A enerxía acumulada en forma de enerxía elástica transfórmase rapidamente en enerxía cinética (=que é a que provoca o movemento). Isto fai que a goma saia voando. Canto máis estiramos a goma, máis enerxía elástica acumula e máis movemento (enerxía cinética) recorre a goma = máis distancia.
Reacción en cadea:
Unha reacción en cadea é unha secuencia de reaccións un elemento reactivo produce reaccións adicionais.

Experimentos 4º primaria.-O LÍQUIDO QUE DESAPARECE...

Ás veces cando mesturamos a mesma cantidade de dous líquidos distintos,
en vez de ter o doble de líquido temos menos, por que?

Materiais:
  • Auga destilada (50 ml)
  • Alcol sanitario (50 ml)
  • 1 probeta 
  • 1 vaso medidor
  • 1 funil
Ímolo comprobar.


Pasos a seguir
1º Botamos na probeta 50 ml de alcol sanitario.
2º Poñémolo no vaso medidor
3º Botamos na probeta 50ml de auga destilada.
4º Vertémolo no vaso.
5º Se mesturamos 50ml de alcohol e 50ml de auga destilada debemos ter 100ml de líquido.
6º Botamos todo o líquido do vaso na probeta coa axuda do funil e comprobamos se temos 100 ml
7º Vemos que mide menos de 100 ml, por que?
PORQUE as moléculas do etanol e as moléculas da auga destilada “lévanse moi ben” e cando se atopan xúntanse e abrázanse moi forte. Así ocupan moito menos espazo, é dicir, prodúcese unha CONTRACCIÓN DE VOLUME polo que ocupan menos pero seguen pesando o mesmo.



lunes, 16 de abril de 2018

Experimento 10/2018.- A vela que fai subir a auga.

Hoxe imos ver de maneira sinxela o efecto da presión atmosférica que exerce sobre a auga.
Materiais:
  • Unha vela.
  • Un mecheiro ou mistos.
  • Un vaso.
  • Un plato fondo.
  • Auga.
Procedemento: 
  • Colocamos coidadosamente a vela no prato e acendémola.
  • Botamos agua no prato sen que apague a chama.
  • Cando a chama estea estable, cubrímola co vaso.
Observaremos que pouco a pouco a chama vaise apagando, ao consumir o osíxeno
que hai dentro do vaso. Finalmente, a chama apagarase e o vaso absorbe parte da auga do prato. ¿Por que ocorre isto?
Explicación:
O aire que está dentro do vaso quéntase e aumenta a presión sobre a auga do prato, impedindo que entre no vaso. Cando se apaga a vela (por  falta de osíxeno) a temperatura baixa e o gas comprímese, a presión baixa e a auga sobe ata que a presión interior se iguala coa exterior.
Esta é unha explicación simplificada xa que neste experimento son varios os fenómenos que interveñen.





martes, 3 de abril de 2018

Experimento 9/2018.- A botella que respira.

Neste experimento imos representar os movementos de inspiración e expiración pulmonar
 Materiais:
  • Unha botella de plástico.
  • 2 palliñas.
  • Un tapón
  • Unha luva de látex.
  • Cinta aillante.
  • Plastilina
Procedemento:
Cortamos a parte inferior da botella e colocamos aí a luva de látex que fará de "diafragma". Despois, con dúas  palliñas e dous  globos, montamos un sistema en Y (como o da imaxe) e  reforzámolo con cinta illante; isto serán os pulmóns. Por último, atravesamos a palliñas  polo tapón e colocámolo na boca da botellae  para que quede hermético sellamos con plastilina. Ahora sólo queda tirar del guante y ver el resultado.

Explicación:
A luva  de látex fai de diafragma que,  igual que na respiración pulmonar, cando se expande fai que os pulmóns se inchen e cando se contrae fai que se expulse o aire.