martes, 18 de abril de 2017

1º experimento.- A ciencia dos volcáns



  • Que é un volcán?
  • Como se forman os volcáns?
  • Por que se produce unha erupción?
  • Cal é o volcán máis grande da terra?
  • Coñeces algún desastre causado por un volcán?
Clica aquí para aprender máis sobre os volcáns




Preguntas:
Que ocorre se mesturamos vinagre e bicarbonato?


Para o experimento necesitarás:
  1. Probeta
  2. Placa de Petri
  3. Báscula
  4. Espátula
  5. Cubeta
  6. Guantes
  7. Bicarbonato  sódico
  8. Colorante alimenticio
  9. Deterxente para louza
  10. Vinagre
Experimentación:

  • Construímos un volcán cun vasiño de iogur recuberto de plastilina e engadiremos un "cono secundario" introducindo unha palliña polo lateral.
  • Depositamos o volcán nunha cubeta para recoller o desbordamento durante a "erupción"
  • En primeiro lugar pesaremos  5mg de bicarbonato na báscula de precisión.
  • Verteremos o bicarbonato no volcán de plastilina que fixemos previamente.
  • Engadimos 4 gotas de colorante vermello e mesturamos ben co bicarbonato.
  • Na probeta gradudada medimos 100ml de vinagre que baleiramos amodo no volcán, e observaremos como reaccionan.

Conclusións:
Cando xuntemos o bicarbonato de sodio co vinagre, obteremos unha reacción violenta, na que se producen burbullas e espuma. 
Isto ocorre por que mesturamos unha "base" (bicarbonato de sodio) (NaHCO3) cun "ácido" (vinagre) (C2H4O2), e obtemos como resultado un gas, dióxido de carbono (CO2), o que produce as burbullas, e acetato de sodio (NaC2H3o2)  e auga (H2O), que é o líquido que queda no interior do noso volcán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario