Pregunta:
Materiais
- Un ovo cocido e sen casca.
- Unha botella de vidro de boca estreita.
- 3 ou 4 mistos.
- Auga quente, para quitar o ovo da botella.
Hipótese:
Se dentro da botella hai osíxeno e o consumimos cos mistos, diminuirá a presión e entrará o ovo.
Experimentación:
Introducimos os mistos encendidos dentro da botella e rápidamente poñemos o ovo enriba da boca da botella.
Observaremos que é succionado e cae ao fondo da mesma.
Explicación:
Ao tapar a boca da botella co ovo, os mistos consumen o osíxeno e quentan o aire do interior.
Cando os mistos se apagan, comeza a arrefriarse aire do interior da botella, polo que a presión do interior diminúe.
Fóra da botella a presión é maior que dentro, como consecuencia o ovo é empurrado cara o interior da botella.
Conclusións:
As moléculas dun gas están movéndose. A súa velocidade depende da temperatura, a máis temperatura máis velocidade, e a menor temperatura, menor velocidade.
Se o gas está nun recipiente pechado, a presión no interior aumenta coa velocidade por que se producen máis choques das moléculas coas paredes. Ao arrefiar, cando se apagan os mistos, a velocidade diminúe e tamén a presión, nese momento o ovo é empurrado dentro da botella xa que a presión de fóra é maior que a de dentro.
Se queremos sacar o ovo, temos que aumentar a presión dentro da botella, para iso situámola debaixo da auga quente e boca abaixo. O aire do interior irase quentando e aumentando a presión, cando aumente o suficiente, expulsará o ovo.