martes, 30 de octubre de 2018

Experimento 1/2018-19-Inchar un globo sen soprar

Preguntas:
Seremos capaces de inchar un globo sen soprar?

Hipótese:
Si, cun bombillo, ou tamén con helio.
Non.

Experimentación:
  • Materiais:
Unha báscula
Unha probeta para medir líquidos
Unha placa petri

Espátula
Un funil
Unha botella de auga de plástico ou vidro baleira (se é de vidro, de boca estreita)
Un globo
Vinagre 100ml
Bicarbonato 10g

  • Procedemento:

    Coa probeta medimos 100 ml de vinagre e vertémolos na botella. 
    Situamos a placa petri na báscula e poñémola a cero (taramos). Coa espátula botamos bicarbonato pouco a pouco, na placa petri ata acadar os 10 g.
    Coa axuda do funil, introducimos o bicarbonato no interior do globo.
    Con moito coidado , axustamos o globo á boca da botella, asegurándonos de que queda ben suxeito e que non se verta o bicarbonato na botella.
    Baleiramos dentro da botella o contido do globo.

    Observación:
    Vemos que se forman burbullas no vinagre e o globo comeza a incharse.

    Conclusións:
    Si, é posible inchar un globo sen soprar.
    Ao xuntarse un ácido (vinagre) e unha base (bicarbonato) prodúcese unha reacción química que desprende un gas (CO2) que é o que incha o globo.











    martes, 9 de octubre de 2018

    Camisetas con Realidade Aumentada para coñecer o corpo humano

    O Club de Ciencia acaba de mercar unhas camisetas especiais, que mediante un código QR gravado na mesma, e unha APP instalada no móbil ou tableta, permite ver os órganos, osos e sistemas circulatorio, dixestivo... animado.
    Así é máis doado aprender!!