martes, 27 de febrero de 2018

Experimento 6/2018: Cores que escapan


Consiste en observar o movemento de diversos colorantes pola superficie dun recipiente cheo de leite ao aplicarlle unhas gotas de xabrón líquido.

Materiais:
Prato fondo
Leite (200 ml)
Colorante
Xabrón líquido

Experimento
Botamos o leite no prato  e a continuación engadimos unhas gotas de varios colorantes que aboian grazas á tensión superficial, propiedade pola que un líquido se comporta como si sobre el existise una membrana.
Cando engadimos o xabrón líquido, o colorante dispérsase cara aos bordes do recipiente. Isto sucede porque o xabrón ten a propiedade de diminuir a tensión superficial e rompe a “membrana”.
As cores mestúranse e parece que escapan dende o centro do prato cara aos bordes.



Experimento 5/ 2018 : Mesturas con cambio de cor


Neste experimento imos comprobar como a auga tinguida con colorante alimentario recupera a transparencia cando lle engadimos lixivia.

Materiais:
Vaso de precipitados
Vareta  de vidro
Contagotas
Auga, 200 ml
Colorante alimentario
Lixivia  (Hipoclorito de sodio, CL O Na)

Experimento:
Medimos 200ml de auga cun vaso medidor.
A continuación engadimos unha gota de colorante e axitamos coa vareta de vidro.
Collemos co contagotas 5 ml de lixivia e engadímola á mestura.
Axitamos de novo e comprobamos como a auga vólvese de novo transparente.

A cantidade de lixivia empregada depende da concentración de hipoclorito de sodio do produto, que varía segundo a  marca comercial.


martes, 6 de febrero de 2018

Experimento 4/2018.- MESTURAS HETEROXÉNEAS- SEPARACIÓN POR IMANTACIÓN


Neste experimento imos separar unha mestura heteroxénea (area +limaduras de ferro) polo método da imantación.
A simple vista pódense observar as limaduras entre os grans de area.
Materiais:
Balanza
Placas Petri
Espátula
Papel
Imán
Gafas de protección.
Area 20 g.
Limaduras de ferro 1g.
Experimento
Sobre a balanza colocamos unha placa Petri, e poñemos a báscula a cero (Tarar)
Pesamos 1 gramo de limaduras de ferro. Retiramos.
Noutra placa pesamos 20 gramos de area.
Sobre un papel mesturamos ben coa espátula a area e as limaduras.
Envolvemos o imán nun papel para que as limaduras non se queden pegadas ao imán.
Pasamos o imán preto da mestura e observamos que as limaduras son atraídas por el.
Imos retirando as limaduras para a placa Petri, e pasándoo de novo. 
Comprobaremos que as limaduras retiradas por este método, pesan o mesmo que ao comezo (se é así, estarán todas retiradas) e a mestura separada.
Poñeremos as gafas de protección, xa que as limaduras poden introducirse facilmente  nos ollos.
Neste experimento tamén repasamos as magnitudes e unidades de masa.





Experimento 3/2018- MESTURAS HETEROXÉNEAS- SEPARACIÓN POR DECANTACIÓN.

Neste experimento imos separar unha mestura heteroxénea de líquidos (auga e aceite) mediante o método de decantación.

Materiais:
Soporte + aro
Pinzas de suxeición
Funil de decantación
Vasos de precipitados
Aceite 100 ml
Auga 100 ml

Experimentación:
Colocamos o aro no soporte.
Sobre o aro colocamos o funil de decantación.
Asegurámonos que a billa do embude está pechada.
Colocamos un vaso de precipitados debaixo do funil.
Baleiramos con coidado o aceite no interior do embude.
A continuación baleiramos a auga.
Como a auga é máis densa, observamos que vai ao fondo e o aceite flota sobre ela.
Deixamos repousar ata que o aceite está todo na superficie.
Abrimos con coidado a billa, e vemos como vai saíndo a auga.