martes, 30 de enero de 2018

Experimento 0/2018.- INTRODUCIÓN- Normas e material do laboratorio.



Materiais do laboratorio. Vídeo.



Vídeos:


Ficha de material de laboratorio.

Experimento 2/2018.- MESTURAS- AUGA E VIÑO

Materiais
Vaso de precipitados
Auga
Viño tinto
Xiringa
Anaco de porexpan
Procedimento
Botamos a auga no vaso de precipitados.
Engadimos o anaco de porexpan, observamos que flota, pois é menos denso ca auga.
Cunha xiringa collemos 20 ml de viño tinto.
Imos botando, con moito coidadiño, pouco a pouco o viño por enriba do anaco de porexpan.
Obsevamos que conseguimos unha capa moi fina de viño na parte superior  da auga, e este non se disolve nela.
O truco para que saia ben, está en botar o viño amodiño e procurar non mover o vaso de precipitados para que non se mesturen.



Experimento 1/2018.- MESTURAS -LÁMPADA DE LAVA

Materiais:
  • Bote de vidro reciclado.
  • Auga
  • Colorante alimentario
  • Aceite de Xirasol
  • Pastilla efervescente 

No bote de cristal botamos o aceite e a continuación a auga. Como son dous líquidos non miscibles (non se mesturan), observamos que o líquido máis denso (auga) vai ao fondo e o menos denso flota (aceite). Deixamos repousar.
Botamos unhas gotiñas de colorante alimentario na mestura (8), observando que pasan a través do aceite (son máis densas) e flotan na auga, pouco a pouco comeza a disolverse nela.
Engadimos a pastilla efervescente partida en 4 anacos.
Agardamos e comezan a facerse burbullas, que suben e volven baixar.

Conclusións:
A pastilla efervescente solta gas, e provoca burbullas na auga que soben á superficie por ser menos densas.
Cando o gas desaparece, volven baixar porque a auga é máis densa que o aceite.


lunes, 8 de enero de 2018

Resolución definitiva da participación no Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia" para o curso 2017/18

O pasado 21 de Decembro de 2017 publicouse a resolución definitiva de Centros docentes Públicos para participar no Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia" para o curso 2017/18, onde o CPI de Atios é un dos 30 centros seleccionados de todo Galicia.