- Botella plástico de 0.5litros
- Cartolina
- Pegamento de barra
- Cola termofusible
- Pistola cola termofusible
- Cortiza
- Cutter
- Cinta adhesiva
- Tesoiras
- Regra
- Papel absorbente
- Vinagre (300ml)
- Bicarbonato (50 gr)
Preguntas:
Como temos visto nos experimentos anteriores, o bicarbonato reacciona co vinagre moi rapidamente, liberando un gas (CO2). Este gas podería impulsar un foguete lixeiro?
Hipótese:
Como esta reacción produce un gas o cal exercerá unha gran presión sobre as paredes da botella, intentando sair , e presionando o tapón. Esta presión será quen de impulsar a botella (caracterizada coa forma dun foguete) na dirección contraria a saída do gas?
Experimentacion:
- Caracterizamos unha botella de plástico con cartolina, para elaborar o nariz e as aletas do foguete, empregando cartolina e pegamento.
- Introducimos o vinagre dentro da botella.
- Preparamos o tapón de cortiza para que se axustara á boca da botella, sen moita presión.
- Co papel absorbente, elaboramos un rulo co bicarbonato.
- Saímos ao patio, para dispoñer de suficiente espazo ao aire libre para realizar o experimento.
- Apoiamos a botella nun soporte.
- Introducimos o rulo de bicarbonato dentro da botella, e pechámola co tapón de cortizo.
- O vinagre reaccionou co bicarbonato, provocando que saise o tapón pero non foi suficiente para impulsar o foguete como esperábamos.
Conclusións:
A reacción non produciu a suficente presión para impulsar a botella, deberemos revisar as cantidades de vinagre e bicarbonato para refacer o experimento a próxima sesión.