lunes, 21 de enero de 2019

Experimento 4 2018/19: Baleirar unha botella coa presión.

PUNTO DE PARTIDA:
Preparamos o experimento do seguinte xeito:
Collemos una botella de 33 cl de auga, facésmollo un burato na parte superior, cerca do pescozo da botella. introducimos unha palliña por dito burato, de xeito que a parte que non dobra se chegue ao fondo da botella,a, e sellámola ben  con unha pistola de silicona quente, para que non haxa entrada nin saída de auga. Logo introducimos na botella auga mesturada con un colorante alimentario (simplemente para que se visualice mellor o experimento). A altura do nivel de auga debe quedar un pouco máis abaixo co do burato.


Pregunta:   
Como podemos baleirar a botella sin inclinala e sin facerlle ningún burato?

Hipóteses:
 - Chupando pola  boca da botella
.  Absorvendo pola palliña
-  Non hai que facer nada, sae soa (resposta dada antes de introducir a auga dentro da botella)

Experimentación:

  •     Materais:

       Un vaso de precipitado ou calquer outro recipiente para verter nel a auga e mesturala co                        colorante.
       Un palliña das que dobran.
       25 cl de auga, apoximadamente.
       Unhas gotiñas de colorante alimentario.
       Algo para mesturar a auga co colorante( culler).
       Un globo.
       Unha pistola de silicona quente.
       Unha tesoira para facer o burato na botella.






      

  • Procedemento:  
Facemos un burato na botella, un pouco máis abaixo do seu pescozo , Introducimos a palliña polo burato e sellámola coa pistola de silicona.
Mesturamos a auga co colorante alimentario no vaso de precipitado e vertémola dentro da botella., de xeito que o nivel da auga quede un pouco un pouco máis abaixo ca o burato da palliña.

Facemos a pregunta arriba indicada e escoitamos as hipóteses que van aportando, descartando algunas. 
Posteriormente dámoslle un globo e decísmolle que teñen que utilízalo tamén,
Xurden novas hipóteses coma:
-metemos a boca do globo inflado na boca da palliña e apretamos.
- metemos a boca do globo inflado na boca da botella e apretamos o globo coa man.



Observación:
Colomos o vaso de precipitados ao lado da botella, e introducimos colocámolo de xeito que ao saír a auga pola palliña, esta caiga en dito recipiente.
Inflamos o globo e retorcémolo un pouco cerca da boca, dándolle unhas voltas para que non se desinfle ao introducilo na boca da botella. Pedísmolle que o fagan, en parellas, un alumno suxeita a botella e outro introduce o globo na boca da botella, sen deixar de presionar a parte do globo que está retorcido, para evitar que se entre o aire na botella ata que todos estén atentos ao que sucede ao deixar de presionar na boca do globo.

Cando introducimos o globo na boca da botella non sucede nada ata que deixamos que presionar a boca deste. nese momento, observamos que empeza a saír auga pola palliña, e o globo se vai desinflando. A botella chega a baleirase totalmente.





Conclusión:
O aire que está dentro do globo ten moita presión, porque as súas moléculas están moi xuntas, queren separarse, e exercen unha forza para saír, que se chama presión.
Cando introducimos o globo na botella e deixamos de presionar a súa boca, a presión que ten dentro fai que salga con forza, e entre na botella, na que o aire ten menos presión. Este aire que entra na botella fai que tamén o aire da botella aumente a súa presíon,. Esta presíon do aire empurra a auga da botella hacia abaixo, e fai que  esta suba pola palliña. ataa baleirarse a botella totalmente.









Podes observar o experimento no seguinte vídeo. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario