domingo, 25 de noviembre de 2018

Experimento 2/2018-19. Simulación da respiración: inflar e desinflar os pulmóns.

Pregunta:   
Como podemos facer que os globos dentro das botellas(pulmóns na caixa toráfica) se inflen e desinflen, sen utilizar un inflador nin vinagre e bicarbonato, coma no experimento anterior?

Hipótese:
 Soprando  (descártase,non se pode), introducindo dentro dos globlos outras dúas sustancias, que ao reaccionar desprendan un gas,(semellantes a reacción de vinagre e bicarbonato)
Experimentación:


  •     Materais:

       Unha botella de plástico de 1,5 -2 litros baleira.

       2 globos

       2 palliñas das que dobran. 

       Un cortador (cúter)

       Unha luva de látex.

       Cinta adhesiva

       Plastilina

       Tesoiras
  • Procedemento:  
Cortamos a botella co cortador pola metade ou algo máis abaixo ( utilizamos só a parte superior da botella).
Collemos as dúas palliñas e unímolas con cinta adhesiva pola parte máis curta, de forma que que formen un Y.
Introducimos cada unha dos pares de palliñas pola parte aberta da botella, e sacamos pola boca a parte das palliñas que está unida, semellando unha traquea dentro da caixa toráfica..

Abrimos a boca da luva de látex e introducímola na parte posterior da botella. Asegurámola ben con cinta adhesiva, evitando que haxa escapes de aire.

Adherimos un anaco de plastilina na boca da botella,  presionando ben contra as palliñas, para evitar que o aire entre ou saia polo espazo que queda entre estas e a boca da botella.

Cando todo estea ben asegurado, tiramos e hacia abaixo polos dedos da luva, e logo soltamos, con  movementos rítmicos.

Observación:
Ao tirar das luvas hacia abaixo, observamos que os globos se inchan, e ao deixar de tirar, volven a perder o aire que colleran. 

Conclusión:
Si, é posible inflar e desinflar os globos dentro da botella, imitando o que sucede cos pulmóns ao respirar. Ao tirar da luva hacia abaixo, queda máis espazo na botella. Ese espazo entra a ocupalo o  aire, que entra  polas palliñas, porque é  a única abertura que hai para entrar, e así se inchan os globos.
 A luva fai o mesmo traballo que o diafragma no apararto respiratorio: axuda a que os pulmóns se inchen e desinchen.











     

                
Mira o seguinte vídeo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario